Conforme ó RDL 9/2025 e Lei de Emprego Público de Galicia, tralas últimas modificacións normativas que afectan á Maternidade, Paternidade e Acollemento e das que vos temos informado dende SPJ-USO, xa se poden solicitar as 2 semanas a maiores por cuidados ata os 8 anos do menor.
📣📣 VIXENCIA DO NOVO PERMISO DE PATERNIDADE: Inicio o 31-7-2025, e aplicación retroativa para nacementos/adopción dende o 2/8/24, respecto das 2 semanas a maiores por cuidados ata os 8 anos do menor, e poderá solicitarse a partir do 1-1-2026.
🔴 PATERNIDADE: Das 16 semanas que tíñamos pasouse a 19: 17 + 2 retribuídas do permiso parental de coidados.
– 6 semanas obrigatorias despois do parto, a xornada completa.
– 11 semanas ata os 12 meses do fillo, en periodos semanales de forma acumulada ou interrumpida.
– 👉 2 semanas para cuidados ata os 8 anos do fillo (efecto retroativo dende o 2-8-2024 e poderá solicitarse a partir do 1-1-2026).
– No caso de familias monoparentais 32 semanas (antes 26): 22 semanas ata os 12 meses e 4 semanas ata os 8 anos, + 6 obrigatorias tras o parto.
⚫ A ampliación do permiso por nacemento, ou permiso de paternidade, a 19 e 32 semanas, para familias monoparentais e biparentales, respectivamente, é unha realidade desde o 31 de xullo de 2025. Pero se o teu bebé naceu do 2 de agosto de 2024 ao 30 de xullo de 2025, antes da súa aprobación, a partir do 1 de xaneiro de 2026 tes dereito a gozar de 2 ou 4 semanas adicionais, se es familia monoparental ou biparental.
Estas semanas adicionais, introducidas na ampliación do permiso por nacemento e coidado de menor a través da Real Decreto Lei 9/2025, son de libre disposición e poden gozarse ata que o menor cumpra 8 anos.
❓❓ Por que é só para familias con fillos e fillas nadas/adoptadas a partir do 2 agosto de 2024❓
– O goce destas 2 ou 4 semanas adicionais do permiso de nacemento aplícase só a familias con fillas e fillos nacidas/adoptadas a partir do 2 de agosto de 2024, xa que esta é a data na que se debeu de dar cumprimento á Directiva Europea 2019/1158, e esténdese ata o 30 de xullo, un día antes da entrada en en vigor o RD-L 9/2025.
– Se o nacemento/adopción do teu fillo/filla tivo lugar antes do 2 de agosto de 2024, non tes dereito á ampliación do permiso.
Amplía información: ⤵️: NOVA REGULACIÓN DO PERMISO DE PATERNIDADE, MATERNIDADE E ACOLLEMENTO CONFORME Ó Real Decreto Ley 9/2025 e a LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA. – SPJ-USO Galicia






A DXX informa que o 🗓️ 12/01/2026 está prevista a publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CCOO para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.


















