Archivo diario: 28/01/2026

ÚLTIMA HORA 28/01/2026: RECIBIDA A NÓMINA DE XANEIRO

ÚLTIMA HORA 28/1/2026 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE XANEIRO COAS ACTUALIZACIÓNS CORRESPONDENTES‼️

ℹ️➡️ Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes de XANEIRO 2026.

📣📣 ESTA NÓMINA INCLÚE: ⤵️
☑️ A SUBA DO 2,5 % estatal de 2025.
☑️ A SUBA DO 1,5 % estatal de 2026.
☑️ A SUBA DOS 90 EUROS correspondentes a 2026 do COMPLEMENTO ESPECÍFICO GALEGO, que é o 40 % dos 225 euros de subida acordados a 3 anos, e que foi firmado por SPJ-USO.

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente ⤵️

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO – 2026 ⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-2026.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES 2026 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/RETRIBUCIONS-FORENSES-2026.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas 2026 ⤵️
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2026/01/ORDE-CONFECCION-NOMINAS-2026.pdf

▪️ Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!FEITOS, non palabras!!!

CHAMAMENTO DE INTERINOS – GALICIA 28/01/2026

interinos

A Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

XESTIÓN FORA DO OPAX:

  • Secretaría Goberno TSX A Coruña……..Lic enfermidade
  • Oficina Xustiza Municipal Pobra do Caramiñal….Lic enfermidade.
  • SCT. TI Ferrol….Lic enfermidade.SCEX Coruña (civil, contencioso…)…..Lic enfermidade.

TRAMITACIÓN

  • Imelga Santiago……Lic enfermidade.
  • SCEX Coruña…….Lic enfermidade.
  • SCT Ferrol (equipo penal)….Lic enfermidade.

AUXILIO

  • SCX Coruña (Reg e repartición)…..Lic enfermidade.
  • SCX Coruña (Reg e repartición)…..Lic enfermidade.

LUGO

  • SCT Lugo (penal)…..Xestión……..Liberación sindical.
  • SCT Lugo (penal)……Tramitación….Lic enfermidade ( fora da opax)
  • SCT Mondoñedo…….Tramitación…..Comisión servizos( fora opax).

OURENSE

  • SCX (Rex e repartición)….Auxilio……..Lic enfermidade.

PONTEVEDRA

XESTIÓN

  • Oficina xustiza municipal Moaña….Lic enfermidade.
  • SCT Pontevedra (penal)……vacante.
  • SCT Pontevedra (penal)……vacante.
  • SCT Pontevedra (civil)……Lic enfermidade.

TRAMITACIÓN

  • SCT Tui………comisión de servizos.
  • SCT Porriño…..Lic enfermidade.
  • SCT Cangas……Lic enfermidade.
  • SCEX Vigo (civil)…Lic enfermidade.
  • SCT Vigo (civil)…..Lic enfermidade.

AUXILIO

  • SCT Lalín…….Lic enfermidade.
  • SCT Marín…….Lic enfermidade.
  • SCX Pontevedra (actos de comunicación)…Lic enfermidade.
  • SCX Pontevedra (Rexistro e repartición)…Lic enfermidade

CORRECCIÓN DE ERROS DA RESOLUCIÓN COA ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 28/01/2026

SUBSTITUCIÓNS

Advertido erro na Resolución do 28 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, publicada na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e máis na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision); procede facer a seguinte corrección no Anexo I:

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS –28/01/2026

SUBSTITUCIÓNS

PUBLICADA A RESOLUCIÓN COA ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  28/01/2026 ‼

 

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 15 de xaneiro pasado.

▪️ Amplía información⤵️⤵️

adxudicacións substitucións

COMISIÓNS DE SERVIZOS GALICIA-28/01/2026-ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS

COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA ➖ 📆 28/01/2026 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA‼️
➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados.

Adxudicación definitiva comisións servizo

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

🔗Adxudicación definitiva comisións servizo