NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS HOXE 📆 9/1/26

Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

ACCEDE A RESOLUCIÓN: https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:ebeaeee2-70b4-4eaa-8341-b64ee48561e2

🔴 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE  DIAS HÁBILES.

🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de 1 ano na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza.

COMISIÓNS DE SERVIZO: ACLARACIÓNS E SOLUCIÓN DE INCIDENCIAS PARA A PRESENTACION DAS SOLICITUDES. DOCUMENTACIÓN NECESARIA E MODELOS PARA SOLICITUDES E EMISIÓN DE INFORMES – SPJ-USO Galicia

Amplía información e accede ás prazas ofertadas: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:ebeaeee2-70b4-4eaa-8341-b64ee48561e2

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.