Archivo diario: 12/12/2025

PUBLICACIÓN O 15/12 NO DOG DO ACORDO ECONÓMICO ENTRE A DXX E OS SINDICATOS SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS, UGT, CSIF e CCOO (SUBA SALARIAL DE 225 🪙 EUROS) E HORARIO DO REXISTRO CIVIL

A DXX informa que o  15.12.2025 está prevista a publicación no DOG das seguintes resolucións:

 

 

🔴 SUBA SALARIAL DE  225 EUROS NO COMPLEMENTO ESPECIFICO (90 € en 2026) PARA TÓDOLOS CORPOS: RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección xeral de xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia.
(CIG non asinou este acordo).

⚫ RESOLUCIÓN do 3 de decembro do 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.

ULTIMA HORA: CALENDARIO PREVISTO FINALIZACIÓN PROCESOS ESTABILIZACIÓN y CONCURSO OPOSICIÓN

 

Fuentes del Ministerio de Justicia han confirmado a SPJ-USO, que tienen previsto:

 

 

1.-Finalizar el proceso de Concurso- Oposición durante el mes de marzo de 2026.

2.- Finalizar todos los procesos de estabilización antes del 31 de marzo de 2026, concretando para cada cuerpo las siguientes fechas:

Proceso de estabilización del Cuerpo de Auxilio Judicial, está prevista su finalización durante el mes de marzo de 2026.

Proceso de estabilización del Cuerpo de Tramitación Procesal Administrativa está prevista su finalización durante el mes de enero de 2026.

Proceso de estabilización del Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa está prevista su finalización durante el mes de marzo de 2026.

ULTIMA HORA: COMUNICADO DXX SOBRE OS CESES DE COMISIÓNS DE SERVIZO

Achegamos texto literal do correo electrónico que acaba de enviarnos a Dirección Xeral de Xustiza:

 

 

Bo día,

 En relación ás consultas sobre os ceses de comisións de servizo pola entrada en funcionamento da nova oficina xudicial, infórmase de que o 11.12.2025 se comunicaron os acordos de continuidade e de cese das comisions afectadas pola Fase III. Así, continúan un total de 15 persoas en comisión de servizo e cesan, con efectos do 30.12.2025, 11 das comisións vixentes neste momento. 

O cese das ditas comisións débese á obtención das persoas, ou ben dun posto singularizado ou ben a que a praza na que a persoa desempeña a comisión pasa a ser na mesma unidade na que ten posto definitivo. Por último acordouse o cese no caso de que non existise posto vacante de similar contido ao do posto que ocupaba a persoa en comisión naqueles casos nos que a persoa tiña posto definitivo na mesma localidade.