Archivo diario: 15/12/2025

NOVO RECORTE DE DEREITOS, NESTE CASO APLICABLE Ó PERSOAL INTERINO E AVALADO, ó parecer, POLO TRIBUNAL SUPREMO‼️😡

 

ℹ️➡️ No día de hoxe, tivemos coñecemento de que a varios compañeiros interinos que lles corresponde cesar en datas próximas por diferentes motivos foron chamados telefónicamente polas Delegacións provinciais a fin de que desfrutasen das súas vacacións correspondentes, dado que conforme a Sentencia de 2024 dictada en Casación polo Tribunal Supremo, as vacacións deben de ser desfrutadas e según a administración, sólo nos casos nos que sexa imposible o seu desfrute, dada a incorporación sen marxe de tempo do titular, por exemplo, van poder pagar os días de vacacións anuais dos traballadores interinos.

🔴 SPJ-USO, tras poñerse en contacto coa DXX, foi informado da existencia da citada Sentencia, e esiximos a remisión da mesma ou de datos sobre a mesma, a fin de proceder ó seu estudo con detemento ós efectos sindicais procedentes.

⚫ No sucesivo, cando proceda o cese dun interino que se sepa con antelación, a Administración requerirá o desfrute das vacacións e en caso de non ser desfrutadas habando marxe temporal para facelo, a administración infórmanos que non procederán ó pago das mesmas como se viña facendo ata o de agora.

😡😡😡 SPJ-USO denuncia a forma de proceder da DXX, que unha vez mais, de forma precipitada acorda, sen negociación sindical algunha e sin nin sequera informar ás órganizacións sindicais que lexítimamente representamos ós traballadores, a aplicación dunha sentenza que recorta dereitos.


👉👉 Nos supostos de sentenzas que amplían ou recoñecen dereitos esperamos a mesma forma «dilixente» de actuar por esta indecente adminstración.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

COMISIÓNS DE SERVIZOS ➖ GALICIA 📆 15/12/2025 ➖ PUBLICADA A RESOLUCIÓN PROVISIONAL

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 📆 4/12/25.

👉 Contra a dita resolución provisoria, as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3⃣ días hábiles.

▪️ Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:00fff831-ede8-4f82-9478-db886528218b

PUBLICADO NO DOG O ACORDO ECONÓMICO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E OS SINDICATOS SPJ-USO E OUTROS PARA A SUBA SALARIAL DE 🪙 225 € A TÓDOLOS CORPOS

IMPORTANTE!!!!

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Accede ó DOG: ACORDO  ENTRE A XUNTA DE GALICIA E SPJ-USO E OUTROS SINDICATOS PARA A SUBA 225 EUROS – GALICIA

ℹ️➡️ INCREMENTO RETRIBUTIVO:

🔴Incremento retributivo de  225 EUROS NO COMPLEMENTO ESPECIFICO (90 € en 2026) PARA TÓDOLOS CORPOS (O incremento producirase en tres anualidades ( ano 2026/2027 e 2028)

☑️As porcentaxes a cobrar serán:

✔️40 % no ano 2026 – 90 euros
✔️70 % no ano 2027 – 67,5 euros
✔️100% no ano 2028 – 67,5 euros

📣📣 A suba correspondente a 2026 (90 €), segundo informa a Xunta de Galicia, será efectiva na nómina de 🗓️ Xaneiro.

Sigue leyendo →

REXISTRO CIVIL.-regulación, horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

 

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil seguintes:

A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Os horarios que se establezan deberán respectar, en todo caso, o horario de audiencia pública.

A apertura das oficinas dos rexistros civís das cidades en horario de mañá e tarde das 9.00 ás 18.00 horas, con participación voluntaria dos empregados públicos.

O horario de apertura das oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra, que este será ininterrompido das 9.00 ás 18.00 horas de luns a venres e das 10.00 ás 13.00 horas os sábados, especificando que a atención directa á cidadanía durante esta franxa horaria se organizará a través de quendas voluntarias e incentivadas.

O horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra seguinte:

➡️ Xornada e horario incentivado
✔️A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as 9.00 e as 14.30 horas de luns a venres , e deberá cumprir ademais sete horas e media semanais, que se prestarán, en quendas, de luns a venres das 14.30 ás 18.00 horas e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas

➡️Tempo de descanso obrigatorio O persoal funcionario dos órganos que teñan atribuídas as competencias sobre rexistro civil, que, en función da distribución da quenda, realicen unha xornada das 9.00 ás 18.00 horas, interromperán obrigatoriamente o seu traballo durante unha hora, entre as 14.30 horas e as 16.30 horas, para a comida. Este descanso, que non se computará como tempo de traballo, organizarase tamén en quendas, de modo que se garanta a apertura ininterrompida da oficina das 9.00 ás 18.00 horas.

➡️ Retribución económica
▪️55,41 € por cada xornada vespertina de luns a venres.

▪️92,33 € por cada xornada de sábado.

➡️ Entrada en vigor Esta resolución entrará en vigor coa entrada en funcionamento da Nova Oficina Xudicial, o 31 de decembro de 2025.

ℹ️▶️O número de persoal funcionario necesario para a prestación do servizo nos horarios especiais sería o seguinte segundo localidades:

▪️ A Coruña 3
▪️Vigo 3                                                                                                                                      ▪️Ferrol 2
▪️Santiago de Compostela 2                                                                                                   ▪️Lugo 2                                                                                                                               ▪️Ourense 2
▪️Pontevedra 2
(Numero máximo de funcionari@s do servizo en xornada vespertina de lunes vernes e sábado pola maña)

▪️Accede ao doga:👇👇
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251215/AnuncioG0759-051225-0003_gl.html