PUBLICACIÓN O 15/12 NO DOG DO ACORDO ECONÓMICO ENTRE A DXX E OS SINDICATOS SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS, UGT, CSIF e CCOO (SUBA SALARIAL DE 225 🪙 EUROS) E HORARIO DO REXISTRO CIVIL

A DXX informa que o  15.12.2025 está prevista a publicación no DOG das seguintes resolucións:

 

 

🔴 SUBA SALARIAL DE  225 EUROS NO COMPLEMENTO ESPECIFICO (90 € en 2026) PARA TÓDOLOS CORPOS: RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección xeral de xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia.
(CIG non asinou este acordo).

⚫ RESOLUCIÓN do 3 de decembro do 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.