Archivo diario: 27/03/2025

📢🔊 ÚLTIMA HORA 📆 27/03/2025 ➖ RECIBIDA A NÓMINA 🪙 DE MARZO‼

Xa está dispoñible no voso corrreo electrónico, así como a través do CIXTEC a nómina deste mes.

👉 A continuación deixámosvos relación detallada dos conceptos retributivos e as cantidades que deben aparecer reflexadas nas vosas nóminas actualmente.

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO:

🔗https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-CXPA-CTPA-e-CAX-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede ós CADROS/RESUMO de RETRIBUCIÓNS M. FORENSES:
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/RETRIBUCIONS-FORENSES-XULLO-2024.pdf

🔴 Accede á Orde de confección de nóminas:
🔗 https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2024/07/ORDE-do-11-de-xullo-de-2024-pola-que-se-ditan-as-instrucions-sobre-a-confeccion-de-nominas-1.pdf

Para calquera dúbida ou aclaración non dubides en contactar cos delegados sindicais de SPJ-USO.

CONVOCADA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALICIA O 01.04.2025

CONVOCATORIA  MESA SECTORIAL XUSTIZA GALICIA.

ℹ️➡️ Vimos de recibir ✉ correo electrónico da DXX e nos volve a convocar aos Sete Sindicatos para seguir negociando as condicións laborais dos traballadores de Galicia: 👇👇

«Seguindo instruccións do Director xeral convócaselle á mesa sectorial de xustiza prevista para o próximo 1 de abril ás 11 h, coa seguinte»

ORDE DO DÍA:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Proposta económica de incremento do CAT/CE como base dun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial.
  3. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
  4. Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I.
  5. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I.
  6. Rogos e preguntas.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS COMISIÓNS DE SERVIZO DE GALICIA OFERTADAS O DÍA 19/03/2025 !!!

COMISIÓN DE SERVIZOResolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 📆 19/03/2025.

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

Acceder a resolución pinchando no seguinte enlace: ⤵⤵

Adxudicación provisional comisións servizos