|
🔊🔊🔊🔊🔊 As organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA, UGT, CSIF, CIG e CCOO, ESIXEN Á DXX A MODIFICACIÓN DA ORDE DO DIA DA MESA SECTORIAL CONVOCADA PARA O VINDEIRO LUNS 24-3-2025, onde a orde do día sexa únicamente: ℹ️ Ante a convocatoria de Mesa Sectorial para o vindeiro 24 de marzo cunha orde do día froito da decisión unilateral da Dirección Xeral de Xustiza, a pesares de que tódalas organizacións sindicais, con representación na Administración de Xustiza de Galicia, presentamos escrito onde faciamos constar o noso compromiso a negociar as RPT da nova oficina xudicial, que xurde coa implantación da fase I dos Tribunais de Instancia, así como as RPT das oficinas de xustiza no municipio e as do Rexistro Civil, pero non antes de acadar un Acordo en materia retributiva que incremente o CAT/CE,como se ten feito na inmensa maioría das Comunidades Autónomas e polo propio Ministerio de Xustiza para o territorio que xestiona, queremos lembrar que ditos Acordos se negociaron e se asinaron con moitísima antelación á negociación das RPT e incluso á propia aprobación e publicación da Lei Orgánica 1/2025 de 2 de xaneiro, de medidas en materia de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza. 👉 Os funcionarios de Galicia non merecen menos, nin hai xustificación para que se lles faga esperar máis tempo por esa suba retributiva, que nalgúns territorios levan dous anos cobrando, por isto entendemos urxente a negociación do incremento do CAT/CE, e co gallo de chegar a un Acordo rápido e previo as negociacións das RPT, pensamos que esa negociación debe ser preferente, exclusiva e excluínte, para que ese pacto chegue con antelación suficiente que permita negociar as RPT con anterioridade dabondo a posta en marcha da nova oficina xudicial. 📣📣📣 En base ó anterior, solicitamos a modificación da orde do dia da Mesa Sectorial convocada para o próximo luns día 24 de marzo, e polo tanto, ademais da aprobación da acta da sesión anterior, que sólo figure o seguinte punto na orde día: 👉 Ante a proximidade da data de implantación da fase I dos Tribunais de Instancia, e no caso de non chegar a un Acordo o vindeiro luns, vemos apremiante a convocatoria consecutiva de cantas mesas de negociación sexan necesarias ata chegar a un Acordo,sempre con carácter previo a calquera outra negociación, incluídas as RPT. |
Buscar en este blog
CATEGORIAS
- ACCIÓN SOCIAL
- AFILIAD@S
- BOE
- C.G.P.J.
- CALENDARIOS LABORAL E GARDAS
- CARREIRA PROFESIONAL
- CELGA
- CLASES PASIVAS
- COMISIÓN SEGUIMIENTO ACORDO DA XUSTIZA GALEGA
- COMISIÓNS DE SERVIZOS
- CONCURSO DE MÉRITOS
- CONCURSO DE TRASLADOS
- Concurso Específico
- CURSOS DE GALEGO
- CURSOS FORMACIÓN
- DECLARACIÓN DA RENDA (IRPF)
- DENUNCIA
- DOG
- EGAP
- ELECCIÓNS SINDICAIS
- ESCALAFÓNS ACTUALIZADOS
- FOLGA NA XUSTIZA GALEGA
- FOLGA NACIONAL 2023
- FORENSES
- INFORMACIÓN XERAL
- INTERINOS
- LEI DE EFICIENCIA
- LETRADOS ADMÓN DE XUSTIZA
- LEXISLACIÓN
- LIBRE DESIGNACIÓN
- MESA SECTORIAL
- MODERNIZACIÓN XUSTICIA GALICIA
- MUXEXU
- N.O.F.
- NOVA OFICINA XUDICIAL
- NOVOS XULGADOS
- NUMO
- OPOSICIÓNS
- PERMISOS, VACACIONS E LICENZAS
- PLAN CONCILIA
- PRENSA
- RETRIBUCIÓNS
- REXISTRO CIVIL
- RPT's
- SAUDE LABORAL
- SERVICIO COMUN PROCESAL GENERAL
- SPJ INFORMA
- SUBSTITUCIÓNS
- TELETRABALLO GALICIA
- TRAMITACIÓN
- VIOLENCIA SOBRE A MULLER
- XORNADA E HORARIO
- XORNADA E HORARIO NA XUSTIZA GALEGA
- XULGADOS DE PAZ
PRENSA NACIONAL
SPJ-USO ON LINE
¡AFILIATE!
¡AFILIATE! Si simpatizas con nuestras ideas y con nuestra forma de hacer sindicalismo, no lo dudes, pulsa AQUI-
Últimas entradas
- IMPORTANTE: ENTRADA EN VIGOR DA NOVA ORDE DE INTERINOS E NOVIDADE NA APLICACIÓN UNILATERAL POR PARTE DA DXX DO CESE DE INTERINOS POR CAMBIO DE SITUACIÓN OU MOTIVO DA PRAZA CUBERTA e SITUACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS E COMISIÓNS DE SERVIZO NO MESMO SUPOSTO
- ÚLTIMA HORA SOBRE O «CONCURSILLO» DE TRASLADOS 2024 PENDIENTE DE RESOLUCIÓN
- DISPOÑIBLE A TRAVÉS DO CIXTEC ASÍ COMO NO VOSO CORREO ELECTRÓNICO A CERTIFICACIÓN DA RETENCIÓN A CONTA DO IRPF
- SPJ-USO SOLICITA CONVOCATORIA URXENTE DE MESA DE NEGOCIACIÓN SOBRE O PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS PARA A SÚA ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL DOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA, e REITERA SOLICITUDE DE NOMEAMENTO DE REFORZOS, NEGOCIACIÓN DE RPT E AMPLIACIÓN DE PLANTILLA, CREACIÓN DE EQUIPOS, RECUPERACIÓN DAS PROLONGACIÓNS DE XORNADA DE DECANATO (nos pobos) E FORMACIÓN, ENTRE OUTRAS, e URXENTE NEGOCIACIÓN DO TELETRABALLO E DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE INTERINOS.
- Médicos Forenses: Orden PJC/295/2026, de 20 de marzo, por la que se aprueba la relación provisional de personas admitidas y excluidas, se nombra Tribunal calificador único y se anuncia fecha, hora y lugar de realización del primer ejercicio del proceso selectivo para ingreso, por el sistema general de acceso libre
ESTADISTICAS
- 2.915.375 VISITAS
HISTORIAL
Subscribete a este Blog
Únete a otros 130 suscriptores


















