Archivo diario: 11/03/2025

ÚLTIMA HORA: DATA DA REALIZACIÓN DOS EXAMES DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO OEP 2024

ÚLTIMA HORA: DATA DA REALIZACIÓN DOS EXAMES DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL OEP 2024‼️

ℹ️➡️ A DXX infórmanos que en relación as probas selectivas de turno libre* convocadas pola Orde PJC/1437/2024, do 3 de decembro, con independencia da publicación da data no Boletín Oficial do Estado, infórmase que a data prevista para a realización dos exercicios é o 📅  27.09.2025.
 Manterémosvos puntualmente informados._

 

 

MÉDICOS FORENSES: PUBLICADA A RESOLUCIÓN COA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

MÉDICOS FORENSES: PUBLICADA A RESOLUCIÓN COA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

No día de hoxe, 11 de marzo do 2025, publicouse a Resolución do 11 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe provisional de novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos/as forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta «Bolsa de interinos > Listaxes».

O prazo de alegacións será de 10 días hábiles. Deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es.

Accede á Resolución:

RESOLUCIÓN PROVISIONAL BOLSA DE INTERINOS DE MÉDICOS FORENSES