Archivo diario: 09/01/2025

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS HOXE 9/1/2025

COMISIÓN DE SERVIZO

NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS 9 de enero 2025.

 

Publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

ACCEDE A RESOLUCIÓN: Accede á RESOLUCIÓN AQUÍ.

🔴SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Prazo e modelo para presentar as solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza. (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

 

CALENDARIOS DE GARDAS 2025 – GALICIA

A CORUÑA GARDAS 2025

A CORUÑA 

A CORUÑA DELITOS LEVES 

FERROL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

BETANZOS

CORCUBIÓN

CARBALLO

NOIA

ORDES

PADRÓN

RIBEIRA

 

LUGO GARDAS 2025

LUGO   

MONDOÑEDO  

MONFORTE    

VILALBA 

VIVEIRO

 

OURENSE GARDAS 2025

OURENSE

O BARCO DE VALDEORRAS

O CARBALLIÑO

VERÍN

 

PONTEVEDRA GARDAS 2025

PONTEVEDRA 

VIGO

VIGO DELITOS LEVES

VIGO FAMILIA

VIGO PENALES

 

A ESTRADA

CALDAS

CAMBADOS

CANGAS

LALÍN

MARÍN

PONTEAREAS

PORRIÑO

REDONDELA   

TUI                   

VILAGARCIA

PONTEVEDRA GARDAS 2026

PONTEVEDRA – GARDAS 2026

A ESTRADA –  GARDAS 2026

LALÍN –  GARDAS 2026

MARÍN –  GARDAS 2026

INTRANET XUDICIAL: Aula telepresencial | Ábrese o prazo de inscrición para asistir ás distintas sesións da actividade «MINERVA

 

 

Aula telepresencial | Ábrese o prazo de inscrición para asistir ás sesións da actividade «MINERVA | Comunicación a órganos» (provincias de Lugo e Ourense).

Para apoiarte no uso da funcionalidade «Comunicación a órganos» a través de Minerva, impartirase unha sesión de capacitación telepresencial o 16/01, con dúas franxas horarias dispoñibles para que te inscribas na que máis che conveña. As devanditas sesións están dirixidas aos órganos xudiciais das provincias de Lugo e Ourense. Consulta no apartado de reservas os horarios.

Para inscribirte e conectarte á sesión correspondente é necesario que te matricules na actividade da Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital e logo reserves a túa praza.

Aula telepresencial | Ábrese o prazo de inscrición para asistir ás sesións da actividade «MINERVA | Envío directo de notificacións e comunicacións a AAPP» (WASMIN)

Para acompañarte na activación da funcionalidade «Envío directo de notificacións e comunicacións a AAPP» a través de WASMIN, impartiranse dúas sesións de capacitación telepresencial o día 13/01. Consulta no apartado de reservas da actividade as sesións dispoñibles. 

Para inscribirte e conectarte á sesión correspondente é necesario que te matricules na actividade da Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital e logo reserves a túa praza.

Pasos para realizar a inscrición nas sesións

  • 1Accedes á actividade da plataforma de capacitación. Se non tes a sesión iniciada, deberás inserir o teu usuario Xunta ou correo electrónico corporativo e o contrasinal.
  • 2Matricúlaste na actividade premendo sobre o botón «Matricularme».
  • 3Xa podes acceder aos contidos didácticos de autocapacitación.
  • 4Unha vez realizado o acceso, reservas praza na sesión de capacitación que desexes premendo sobre «Reservar agora».
  • 5Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e hora correspondentes.