Archivo diario: 10/01/2025

SUBSTITUCIÓNS – NOVAS PRAZAS OFERTADAS 10/01/2025

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería.

PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS HÁBILES desde o día seguinte ao da publicación (13,14 e 15 de xaneiro de 2025).

MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://spjusogalicia.com/SUBSTITUCIONS-normativa-.pdf

🔴 POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular

 

Resolución novas prazas ofertadas en substitución 10/1/25

REUNIÓN MESA SECTORIAL PARA O VINDEIRO 4 DE FEBREIRO

A DXX ven de convocarnos a unha mexa sectorial fixada para o  o próximo 4 de febreiro na sala Colmeiro na EGAP, ás 10:30 h.

Según manifesta a DXX a dita reunión non pode celebrarse antes porque están convocadas varias reunións co Ministerio de Xustiza tras a publicación o 3 de xaneiro da Lei orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza. Reunións nas que se concretarán os diferentes modelos de referencia das oficinas e criterios de actuación.

En datas próximas á convocatoria confirmarase a data prevista como definitiva e achegarase a orde do día, na que se incluirán os temas propostos.