Archivo diario: 30/01/2025

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 30.01.2025

SUBSTITUCIÓNS

ℹ️➡️Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concur sos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 23/01/2025

  1. ACCEDE A RESOLUCIÓN

 

EGAP.-CONVOCATORIA CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2025 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

☑️ A DURACION DOS CURSOS SERA DE 75 HORAS
☑️ A MODALIDADE TELEFORMACION
☑️ NUMERO DE PLAZAS POR CADA CURSO 25
☑️SOLICITUDE: CUBRIR O FORMULARIO DE MATRÍCULA NA PACINA WEB DA EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;
☑️As solicitudes entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet: <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación
☑️ PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: desde o día seguinte a publicación no doga ata o 7 de febrero do 2025.

☑️ Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), corrección de erros (DOG núm. 130 do 10 de xullo e DOG núm. 148 do 4 de agosto).

☑️ Publicación das relacións do alumnado seleccionado:

A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal&gt; a relación de persoas admitidas, excluídas e en reserva para cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

▪️ Amplía informacion:⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250130/AnuncioO150-230125-0002_gl.html

 

📢🔊 SPJ USO SOLICITA A DXX A INSTRUCIÓN OU CIRCULAR QUE REGULA A SOLICITUDE DE MATERIAL DESDE OS ORGANOS XUDICIAIS‼️

📢🔊 SPJ USO SOLICITA A DXX A INSTRUCIÓN OU CIRCULAR QUE REGULA A SOLICITUDE DE MATERIAL DESDE OS ORGANOS XUDICIAIS‼️

 

🔴 Na actualidade, dende as Delegacións provinciais da Dirección Xeral de Xustiza obligase aos organos xudiciais a seguir un procedemento para a solicitude de material que consideramos TOTALMENTE EXCESIVO E QUE PODE ATENTAR CONTRA A LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS:

☑️Na solicitude do Letrado da Admon. Xudicial do órgano debe constar o nome do funcionario receptor do material (nova cadeira, mesa….) , o corpo ao que pertence e o motivo desa solicitude (rotura, falta de pezas…).

☑️Unha vez realizada a petición, medios materiais da Xunta de Galicia comunica ao persoal de mantemento que comprobe a necesidade desta petición, observando o estado de funcionamento do material de oficina que se desexa cambiar.

🔴 E sorprendente que para solicitar material de oficina para un órgano xudicial teña que indicarse o nome completo do funcionario que o vai utilizar. Ese material solicitase para un órgano, non para ningún particular. Co simple nome de pila pode ser facilmente identificado o destinatario

🔴 Eses datos están circulando non so pola base de datos de subministros da Xunta senón tamén das empresas privadas adxudicatarias dese servizo (tanto o nome como o corpo ao que pertence, este ultimo dato non entendemos para que se precisa).

🔴 A necesidade de que o servizo de mantemento do Organo vaia fiscalizar esa petición cando quen a realiza é un letrado da administración, que da fe pública, parecenos ainda mais chamativo.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!