
⬛Aula telepresencial | Ábrese o prazo de inscrición para asistir ás sesións da actividade «MINERVA | Comunicación a órganos» (provincias de Lugo e Ourense).
Para apoiarte no uso da funcionalidade «Comunicación a órganos» a través de Minerva, impartirase unha sesión de capacitación telepresencial o 16/01, con dúas franxas horarias dispoñibles para que te inscribas na que máis che conveña. As devanditas sesións están dirixidas aos órganos xudiciais das provincias de Lugo e Ourense. Consulta no apartado de reservas os horarios.
Para inscribirte e conectarte á sesión correspondente é necesario que te matricules na actividade da Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital e logo reserves a túa praza.
⬛ Aula telepresencial | Ábrese o prazo de inscrición para asistir ás sesións da actividade «MINERVA | Envío directo de notificacións e comunicacións a AAPP» (WASMIN)
Para acompañarte na activación da funcionalidade «Envío directo de notificacións e comunicacións a AAPP» a través de WASMIN, impartiranse dúas sesións de capacitación telepresencial o día 13/01. Consulta no apartado de reservas da actividade as sesións dispoñibles.
Para inscribirte e conectarte á sesión correspondente é necesario que te matricules na actividade da Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital e logo reserves a túa praza.
Pasos para realizar a inscrición nas sesións
- 1Accedes á actividade da plataforma de capacitación. Se non tes a sesión iniciada, deberás inserir o teu usuario Xunta ou correo electrónico corporativo e o contrasinal.
- 2Matricúlaste na actividade premendo sobre o botón «Matricularme».
- 3Xa podes acceder aos contidos didácticos de autocapacitación.
- 4Unha vez realizado o acceso, reservas praza na sesión de capacitación que desexes premendo sobre «Reservar agora».
- 5Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e hora correspondentes.


















