Archivo diario: 22/04/2024

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS 22-04-2024

NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS 22-ABRIL-2024.

Publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN: 

Accede á Resolución comisións servizo

🔴 👉 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Prazo e modelo para presentar as solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

👉 Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

ADXUDICACIÓNS DE SUBTITUCIÓNS- 22/04/2024

SUBSTITUCIÓNS

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS – 📆  22/04/2024‼️

 

ℹ️Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 16/04/2024.

Resolución de adxudicacións  ⤵ ⤵:

20240422_ResoluciónAdxudicación