Archivo diario: 23/04/2024

SPJ-USO SOLICITA DE MANEIRA URXENTE COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 23 DE MAIO DE 2018

IMPORTANTE

SPJ USO SOLICITA  A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DO 23 DE MAIO DE 20218 PARA O INICIO DA REVISIÓN DO COMPLEMENTO AUTÓNÓMICO TRANSITORIO/ COMPLEMENTO ESPECÍFICO na Xustiza Galega.

ℹ️➡️ PRIMEIRO.- O 23 de maio de 2018, SPJ-USO como sindicato maioritario na Administración de Xustiza en Galicia, alcanzou un acordo coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que tamén foi asinado por UGT e CC.OO, para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

🔴  SEGUNDO.- Este acordo, entre outros puntos, incluía no seu punto 1, o aumento do complemento autonómico transitorio e complemento específico no seu caso, que sería revisado anualmente no terceiro trimestre de cada ano, coa finalidade de garantir que os traballadores da Administración de xustiza de Galicia manteñan unha posición por riba da media dos ámbitos territoriais con competencia en materia de xustiza, no que aos complementos retributivos de determinación autónomo se refire.

👉  TERCEIRO.- Nas últimas semanas nos distintos ámbitos territoriais da Administración de Xustiza, estanse a desenvolver e pechando diversas negociacións que están afectando tanto á xestión ordinaria deste servizo público, ás condicións do persoal alí destinado, así como ao incremento do complemento específico ou concepto retributivo equivalente do persoal ao servizo da Administración de xustiza e que van a facer que as cantidades que se están percibindo polo CAT e Complemento Específico polos funcionarios de xustiza de Galicia, volvan a quedar por debaixo da media á que se refire a nosa cláusula de revisión.

📣 CUARTO.- SPJ-USO, neste contexto de negociación nos distintos ámbitos territoriais, así como no contexto lexislativo actual de transformación da Administración de xustiza, que culminará coa aprobación nos próximos meses da Lei de medidas de eficiencia procesual do servicio público de xustiza, considera urxente a convocatoria da Comisión de seguimento do Acordo do 23 de maio de 2018 para a negociación dun incremento do Complemento autonómico transitorio e complemento específico que se adapte ás funcións e responsabilidades do persoal da Administración de xustiza.

📢🔊  Polo tanto,  SOLICITAMOS: ⤵️⤵️
A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DO 23 DE MAIO DE 20218 PARA O INICIO DA REVISIÓN DO COMPLEMENTO AUTÓNÓMICO TRANSITORIO E ESPECÍFICO CONFORME O PUNTO 1 DO ACORDO DE 28 DE MAIO DE 2018.

VER ESCRITO PRESENTADO E XUSTIFICANTE ⤵️⤵️

Escrito SOLICITAMOS COMISION DE SEGUIMENTO_signed_

Justificante-PR004A-20240422 Solicitud-PR004A-20240422

RELACION DAS ADXUDICACIONS DO CORPO DE XESTION, PROMOCION INTERNA GALICIA!!

📢🔊 Achégase a relación das adxudicacións de destino do corpo de xestión procesual e administrativa, promoción interna, convocado pola Orde JUS/241/2022, do 24 de marzo.‼️

Accede a resolucion : Adxudicacions_CXPA_

Nota aclaratoria sobre as prazas convocadas comisión de servizo‼️

 spjinformaNota aclaratoria sobre as prazas convocadas en comisión de servizo en Resolución de 22/04/2024 por parte da DXX‼️

 

 

O vindeiro luns 29/4 publicarase no DOGA a nova RPT das FISCALÍAS de Galicia.

📣 O luns 📆 29.04.2024 está prevista a publicación no DOG da «RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia».