Archivo diario: 25/04/2024

ÚLTIMA HORA OPOSICIÓNS – EXAMES DA OEP 2023‼

No día de hoxe o Ministerio de Xustiza informa.


🔴 Os exames de 👉 promoción interna serán antes do mes de agosto, probáblemente o 29 de xuño, data non definitiva, pero na que din «estar traballando».

🔴 Respecto á data dos EXAMES DE 👉 TURNO LIBRE, tal como vos adiantamos, confírmase a data do 📆 28 de setembro, que en breve se fará oficial.

 

SUBSTITUCION. NOVAS PRAZAS OFERTADAS 25/04/2024 ‼

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería.

 


🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DIAS HÁBILES desde o día seguinte ao da publicación (26,29 e 30 de abril).

🔴 MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular ⤵⤵:

🔗 Novas substitucións 25/04/2024

COMISIÓNS DE SERVIZO EN GALICIA: PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

COMISIÓNS DE SERVIZO EN GALICIA: PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DAS PRAZAS OFERTADAS O 10/04/2024

 

➡️Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería

https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados.

👉 A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

 

▪️Accede á resolución coas adxudicacións definitivas:⤵️