Archivo mensual: enero 2024

SUBSTITUCION. NOVAS PRAZAS OFERTADAS 26/01/2024

SUBSTITUCIÓNSPublicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería.

  

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DIAS HÁBILES desde o día seguinte ao da publicación (29, 30, 31 de xaneiro).

🔴 MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular ⤵⤵:

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:b825eb29-92b6-440d-a360-3498f21b853d

ADXUDICACIONS DE SUBTITUCIONS-26/01/2024

SUBSTITUCIÓNS

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS – 📆 26/1/24‼️

 

 

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 18/1/24.

Resolucion de adxudicacións:⤵

ResoluciónAdxudicación

 

Corpo Nacional de Médicos Forenses, acceso libre, reposición – PROBA DE COÑECEMENTO DE GALEGO‼️

PROBA DE COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA- Corpo Nacional de Médicos Forenses, acceso libre, reposición 
Conforme ao establecido na base 7.5 da Orde de convocatoria, convócanse aos opositores, que no seu día así o solicitasen na súa instancia, á celebración da proba de coñecemento de Gallego, exercicio de carácter optativo, non eliminatorio, no día, hora e lugar que a continuación se indica:
Día 2 de febreiro ás 10 horas
Lugar: Xerencia Territorial de Xustiza en Galicia
Rúa Alcalde Manuel Casas, s/n, 2ª planta (Edificio de Correos) 15001 A Coruña.

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS COMISIONS DE SERVIZO OFERTADAS O 16/01/2024

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DAS COMISIÓNS DE SERVIZO  DE GALICIA OFERTADAS O DÍA 16/01/2024 !!!

 

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados o 📆 16/1/2024.

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

Acceder a resolución pinchando no seguinte enlace: ⤵⤵

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo 16.01.24

CONCURSO OPOSICION, NOMEAMENTO DE TRIBUNAIS DELEGADOS E SEDES EXAME PARA O 2/03/2024

Orde PJC/40/2024, do 18 de xaneiro, pola que se nomean os Tribunais cualificadores delegados e publícanse as sedes de exame do proceso selectivo para acceso, polo sistema xeral de acceso libre, nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de xustiza.

🔴Publícanse as sedes do exame que figuran no anexo II e que se celebrará o día 📅 2 de marzo de 2024.

🔴 Sede de Galicia: 👇
– Santiago de Compostela.
– Universidad de Santiago de Compostela.
– Facultad de Derecho.
Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n Campus Vida.
15782 Santiago de Compostela

Para acceder a resolución completa:⤵⤵

Disposición nomeamento de tribunais BOE