Archivo diario: 23/01/2024

ÚLTIMA HORA: INFORMACIÓNS SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS

📢🔊 ÚLTIMAS INFORMACIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE PROCESOS SELECTIVOS‼️

 

 O Ministerio de Xustiza informa:

🔴 OEP 2022: – Xestión Quenda Libre, prevén ter corrixido o Terceiro Exercicio para o mes de Febreiro e publicación de notas.

🔴 OEP 2023 – Promoción Interna e Quenda libre de Corpos Xerais remitíronse ao BOE para a súa próxima publicación.

🔴 Quenda libre Médicos Forenses: enviáronse xa ao BOE. Inminente publicación.

🔴 Nova Oferta de LAXs, OEP 2022- están a espera do visto e prace de Función Pública para remitilo ao BOE.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

CONCURSO DE TRASLADOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO 2023 ➖ ÚLTIMA HORA

ℹ️➡️ O Ministerio de Xustiza informa a SPJ-USO que as listaxes provisionais do concurso de traslado 2023 non se publicarán antes do mes de febreiro, e sen concretar data de febreiro exacta…..

Sen comentarios… 😡😡😡

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados!!!

LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO DE TRASLADOS DE LAX

Orde PJC/1321/2023, de 5 de decembro, pola que se convoca concurso de traslado para a provisión de postos de traballo para o Corpo de Letrados  e Letradas da Administración de Xustiza.

No caso de Galicia están afectados os seguintes órganos:

DESTINO CONCEDIDO DESTINO ANTERIOR
 XULGADO DE VIX. PENITENCIARIA Nº 1 CORUÑA XULGADO DE INSTRUC. Nº 3 (VSM) SANTIAGO 
XULGADO DO PENAL Nº 4 A CORUÑA XULGADO DE INSTRUC Nº 3 FERROL
XULGADO DE INSTRUC Nº 2 SANTIAGO  XULGADO MIXTO 4 CAMBADOS
XULGADO DO CONTENCIOSO 1 OURENSE XULGADO 1ª INSTANCIA Nº 1 OURENSE
XULGADO DO SOCIAL Nº 2  OURENSE XULGADO 1ª INSTANCIA Nº 3 OURENSE
XULGADO 1ª INSTANC Nº 5 VIGO XULGADO INSTRUC Nº 2 PONTEVEDRA
XULGADO MIXTO 1 LALIN XULGADO MIXTO 1 PADRON

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

Listaxe Provisional Completo Concurso de Traslados Letrados-as.pdf

📢🔊 SUBIDAS SALARIAIS A COBRAR NA PRÓXIMA NÓMINA DE XANEIRO E RETRIBUCIÓNS ACORDADAS PENDENTES DE APLICACIÓN‼️

TRAMITACIÓN XUDICIAL: PUBLICACIÓN NO BOE E DOG RELACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS AS PERSOAS APROBADAS E APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES

Resolución do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia que se ofrecen ás persoas aprobadas no proceso selectivo para ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, convocado por Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro

Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I) que se ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa convocado por Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

Segundo. As solicitudes de destino deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, rúa Madrid 2–4, 15781 Santiago de Compostela ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas («Boletín Oficial do Estado» do día 2 de outubro), no prazo de dez días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no «Boletín Oficial do Estado», segundo o establecido na Base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

Sigue leyendo