Archivo diario: 26/01/2024

INFORMACION IMPORTANTE: A RESERVA DE NOTA NO CONCURSO OPOSICIÓN

spjinforma

Información importante sobre a reserva de nota nos procesos selectivos de estabilización por concurso oposición‼️

 

ℹ️➡️ Tralo «bulo» difundido polas redes sociales e na mañá de hoxe polo Sindicato STAJ: ⤵️

📣 Postos en contacto co Ministerio de Xustiza infórmanos que SI poderá facerse uso da RESERVA DE NOTA NUN CORPO OU VARIOS E PRESENTARSE AO EXAME NOUTRO CORPO DISTINTO, desmentindo as supostas malinformacións difundidas.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados!!!

 

Médicos Forenses: Adxudicación Provisional comisión de servizos no IMELGA

Na Intranet, no día de hoxe, 26/01/2024, publicouse Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 11 de xaneiro, da Dirección Xeral de Xustiza.

O 11 de xaneiro de 2024 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 11 de decembro, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

O punto terceiro da dita resolución establece que o prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria (do 12/01/2024 ata o 18/01/2024).

Vistas as solicitudes presentadas e de conformidade co establecido no artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia,

Accede a resolucion completa: ⤵⤵

Resolucion Adxudicación provisional

SUBSTITUCION. NOVAS PRAZAS OFERTADAS 26/01/2024

SUBSTITUCIÓNSPublicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería.

  

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DIAS HÁBILES desde o día seguinte ao da publicación (29, 30, 31 de xaneiro).

🔴 MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións: https://spjusogalicia.com/wp-content/uploads/2022/06/SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular ⤵⤵:

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:b825eb29-92b6-440d-a360-3498f21b853d

ADXUDICACIONS DE SUBTITUCIONS-26/01/2024

SUBSTITUCIÓNS

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS – 📆 26/1/24‼️

 

 

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 18/1/24.

Resolucion de adxudicacións:⤵

ResoluciónAdxudicación

 

Corpo Nacional de Médicos Forenses, acceso libre, reposición – PROBA DE COÑECEMENTO DE GALEGO‼️

PROBA DE COÑECEMENTO DE LINGUA GALEGA- Corpo Nacional de Médicos Forenses, acceso libre, reposición 
Conforme ao establecido na base 7.5 da Orde de convocatoria, convócanse aos opositores, que no seu día así o solicitasen na súa instancia, á celebración da proba de coñecemento de Gallego, exercicio de carácter optativo, non eliminatorio, no día, hora e lugar que a continuación se indica:
Día 2 de febreiro ás 10 horas
Lugar: Xerencia Territorial de Xustiza en Galicia
Rúa Alcalde Manuel Casas, s/n, 2ª planta (Edificio de Correos) 15001 A Coruña.