Archivo diario: 27/01/2024

CARREIRA PROFESIONAL – NOVA APERTURA DOS GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2.

📢🔊 CARREIRA PROFESIONAL – NOVA APERTURA

ℹ️➡️Despois do traballo realizado por SPJ-USO con reunións continuas coa DXX e con Facenda, e como vos fomos explicando a cada afectado desde fai meses, vanse abrir os graos extraordinarios 1 e 2 para os compañeiros e compañeiras que ou ben estaban fóra da carreira profesional ou quedáronse fora do grao 2 por meses, (exemplos promocións do 2018, 2019 e outras circunstancias).

ℹ️➡️No día de hoxe xa temos a regulación definitiva (pendente de publicación no DOG) e con efectos económicos dende o 1 DE ABRIL. Con esta data asegurámonos tamén que os compañeiros que veñan no concurso de traslados cumpran cos requisitos poderán empezar a súa carreira profesional.

Votaron a favor deste acordo todos os sindicatos excepto CIG que votou en contra.

ℹ️➡️SPJ-USO LOGRA o cambio de data de cumprimento de requisitos de 31/12/23 a 👉 31/03/24, así como que o prazo de presentación de solicitudes sexa de 👉 30 días hábiles (no lugar de 15); todo o anterior para que poidan acceder o maior número posible de funcionarios tanto titulares que veñan no concurso como interinos que cesen polo concurso ou posesión dos novos titulares para que teñan marxe para voltar ó «servizo activo» e así cumprir o dito requisito no prazo de presentación de solicitudes..

▶️Seguimos avanzando en dereitos para os traballadores de xustiza, lembremos que ninguén en xustiza ten carreira profesional SO GALICIA.

Accede o borrador proposta CARREIRA PROFESIONAL: ⤵

PROPOSTA NOVA CONVOCATORIA TRAXECTORIA PROFESIONAL

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!!
FEITOS, non palabras!!!

OPOSICIÓNS – TRAMITACIÓN LIBRE – LISTAXES DE APROBADOS DE TÓDOLOS TERRITORIOS CON IDIOMA E DEREITO FORAL‼️

OPOSICIÓNS – TRAMITACIÓN LIBRE  – LISTAXES DE APROBADOS DE TÓDOLOS TERRITORIOS CON IDIOMA E DEREITO FORAL‼️

👉 Publicada na web do Ministerio de Xustiza o acordo do Tribunal cualificador único polo que se publican as listaxes de aptos con notas de idioma e dereito foral propios.

🔴 Lembrade que o prazo para presentación de documentación e solicitudes de destino remata o vindeiro 📅 6 DE FEBREIRO DE 2024.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

Listado aprobados Tramitación Procesal y Administrativa, acceso libre, Orden JUS/1254/2022, de 7 de diciembre