Archivo diario: 09/01/2024

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS O 11 /12/2023

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS COMISIÓNS DE SERVIZOS  DE  GALICIA OFERTADAS O DÍA 11/12/2023 !!!

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 10 de xullo do 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.

Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

Acceder a resolución pinchando no seguinte enlace: ⤵⤵

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo11.12.23

ADENDA DE MODIFICACIÓN DEL CONVENIO ENTRE LA MUGEJU Y EL SERGAS PARA LA PRESTACIÓN DE SERVICIOS SANITARIOS EN ZONAS RURALES DE GALICIA

Se actualizan para 2024 los anexos III y IV del Convenio entre  la Mutualidad General Judicial y el Servicio Gallego de Salud para la prestación en zonas rurales de determinados servicios sanitarios a los mutualistas y demás beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada con dichas mutualidades. El resto del Convenio permanecerá con el mismo contenido.

Adjuntamos Convenio publicado en el BOE👇👇

https://boe.es/boe/dias/2024/01/09/pdfs/BOE-A-2024-480.pdf