
ℹ️➡️ Como vos temos informado, no día de hoxe ás 10:00 horas teremos importante mesa sectorial de Xustiza da que vos manteremos puntualmente informados e da que vos podemos avanzar o seguinte:
🔴 HORARIO E CALENDARIO LABORAL NA XUSTIZA GALEGA:
☑️ – Neste punto destacar que, a solicitude de SPJ-USO, tal como vimos solicitando insistentemente nos últimos anos, a partir de agora PODEREMOS ACUMULAR OS DIAS DE ASUNTOS PARTICULARES ÓS 7 DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS DE DESFRUTE INDEPENDENTE.
☑️ – DIAS 24 e 31 de decembro: O persoal de garda (permanencia e dispoñibilidade) os días 24 e/ou 31 de decembro terá sempre un día a maiores de asuntos particulares. Ademais se o 24 e 31 de decembro son sábado ou domingo tódolos traballadores teremos 2 días mais de asuntos particulares ese ano.
☑️ – A solicitude de SPJ-USO a flexibilización do horario fixo (plan concilia) para o suposto dos fillos menores amplíase ata os 18 anos (non sólo ata os 12 como ata agora).
☑️- IMPORTANTE: SPJ-USO solicitou a ampliación ata as 20:00 horas da franxa horaria na que poder facer o horario flexible, e subsidiariamente que no horario de verán se poida traballar alomenos ata as 18:30 horas (actualmente sólo o podemos facer ata as 17:30). A DXX acolleu parcialmente a nosa solicitude, e NO HORARIO DE INVERNO AMPLÍASE A FRANXA HORARIA NA QUE PODEREMOS FICHAR ATA AS 20.00 HORAS. Valorarase ampliar a franxa horario no horario de verán, que de momento se mantén ata as 17.30 horas.
☑️ A maiores SPJ-USO como sindicato maioritario na mesa solicitou entre outros:
📣 – A restauración da bolsa de horas. A DXX non acolleu a nosa solicitude.
📣 – A ampliación do horario de verán para o personal con fillos menores. A DXX manifesta que valorará a nosa reivindicación, que está amparada pola normativa de función pública estatal.
📣 – Ampliación do prazo de desfrute de vacacións e asuntos particulares tódolos anos ata o último día de febreiro. A DXX non accede á nosa solicitude e ratifica que o prazo de desfrute será 31/1.
📣 – Ampliación da semana grande á semana de Semana Santa e nadal. A DXX non accedeu á nosa solicitude.
📣 – Día de descanso tralas gardas de dispoñibilidade. Valorarase a nosa solicitude.
📣 – Concesión de día de asuntos particulares cando un festivo autonómico ou local coincida en sábado. A DXX non acolleu a nosa solicitude.
🔴 CARREIRA PROFESIONAL: Tal como víñamos solicitando dende SPJ-USO nos últimos tempos, próximamente procederase a apertura dos GRADOS EXTRAORDINARIOS 1 E 2 para todo o persoal que por diferentes motivos non pudo acceder ós mesmos nas anteriores convocatorias de 2020 e 2022 e que na actualidade cumplan os requisitos esixidos dos que vos informaremos puntualmente.
SPJ-USO solicitou as melloras das porcentaxes anuais, ofertándonos a administración un 33% o primeiro ano, 66% o segundo e 100 % do grao o terceiro ano; SPJ-USO solicitou se ampliasen a un 60/80/100 % as porcentaxes anuais por equiparación coa anterior convocatoria, sendo a primeira forza sindical en defender a nosa postura por ser a maioritaria, e apoiando as demais organización sindicais a nosa solicitude. A administración non accedeu á nosa solicitude.
Igualmente solicitamos unha vez mais unha apertura dinámica da traxectoria profesional, e subsidiariamente se proceda a unha apertura a data 31/12/23 e outra a 31/3/24 para incluir nesta nova convocatoria ós funcionarios da promoción de 2019 e ós que veñan a Galicia neste Concurso de Traslados. A administración non accedeu á apertura dinámica por tratarse de grados extraordinarios, manifestándosenos que se negociará a dita apertura dinámica ó longo do 2024.
IMPORTANTE: Neste punto, a DXX ofrécenos a posibilidade de cerrar requisitos, méritos e efectos económicos en data 31/3/24 (en lugar de 31 de decembro) para incluir á maior parte posible de funcionarios, ó que SPJ-USO, tras valorar pros e contras, e como sindicato maioritario apoiou a dita posibilidade, apoio que foi secundado por algún outro sindicato.
👉 Outros puntos da orde do día son:
🔴 – Bolsa de interinos médicos forenses: SPJ-USO fixo as alegacións oportunas ó borrador inicial, moitas das cales foron acollidos pola Administración, y fixemos novamente alegacións a este último borrador.
🔴 – Borrador de modificación das quendas do Rexistro Civil. Entre outras alegacións, solicitamos a actualización das cantidades a cobrar por quenda como mínimo coa actualización do IPC dos últimos 5 anos e esiximos que se flexibilice o periodo de 6 meses das quendas para os casos de concursos de traslados, etc.
🔴 – Modificación da RPT da nova oficina fiscal. Neste apartado modifícase a RPT no sentido de CREAR DUAS NOVAS PRAZAS DO CORPO DE TRAMITACIÓN na fiscalía de PONTEVEDRA (suprímense na fiscalía de Cambados) e CREAR UNHA PRAZA DE TRAMITACIÓN na fiscalía de OURENSE (suprímese na fiscalía de Verín).
🔴 – Proposta de creación de prazas para 2024. Neste punto remitímonos ós diversos escritos que temos presentado solicitando a creación de prazas. A DXX infórmanos que se crearán en 2024 15 novas prazas en Galicia, 7 no Xulgado de nova creación Instancia 16 de A Coruña, e outras 8 por determinar (1 de Xestión, 6 de Tramitación e 1 Auxilio), quedando as organización sindicais de remitir as nosas propostas antes do vindeiro martes.
























