Na Intranet, no día de hoxe, 26/01/2024, publicouse Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 11 de xaneiro, da Dirección Xeral de Xustiza.
O 11 de xaneiro de 2024 publicouse na intranet de Xustiza e máis na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 11 de decembro, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
O punto terceiro da dita resolución establece que o prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria (do 12/01/2024 ata o 18/01/2024).
Vistas as solicitudes presentadas e de conformidade co establecido no artigo 11 da Resolución do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia,
Accede a resolucion completa:


















