Archivo diario: 26/01/2023

SPJ-USO SOLICITA QUE EN 2023 SE PERMITA ACUMULAR OS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES COS DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS.

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos que en 2023, de novo, non se poderán acumular os días de asuntos particulares cos 7 días de vacacións de desfrute independente.

Pois ben, en 2019, baseándose na modificación da LOPX e na recuperación dos 3 días de asuntos particulares de 2017 e 3 de 2018, a DXX decidiu, coa oposición de SPJ-USO, que non se poderían acumular os ditos días.

En 2023, xa sen a excepcionalidade de ter 6 dias mais, entendemos que non procede recortar “gratuitamente” o dereito á acumulación antes mencionada. Sigue leyendo

DECLARACIÓN DA RENDA-CALENDARIO IRPF 2023

spjinforma

 SPJ-USO FAICHE GRATIS A DECLARACIÓN DA RENDA!!!
AFÍLIATE A SPJ-USO!!

➡️ Datas 📆 para confeccionar a declaración da renda 2022: ⤵️⤵️

🔴 📆 11 de abril ata 30 de xuño de 2023: presentación por internet.

🔴 📆 5 de maio ata o 30 de xuño de 2023: A axencia Tributaria poderalle confeccionar a súa declaración da renda 2022 por teléfono (solicitude de cita dende o 3 de maio ata o 29 de xuño).

🔴 📆 1 a 30 de xuño de 2023: A Axencia Tributaria poderalle confeccionar a súa declaración da renda 2022 presencialmente nas súas oficinas (solicitude de cita dende o 25 de maio ata o 29 de xuño).

☑️ Para ser atendido pola Axencia Tributaria tanto por teléfono como presencialmente, concerte previamente cita, por internet ou chamando ós números 📞 91 535 73 26 / 901 12 12 24 o 91 553 00 71 / 901 22 33 44.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/ayuda/calendario-contribuyente/calendario-contribuyente-2023/recuerde/fechas-campana-renta-patrimonio.html#:~:text=11%20de%20abril%20hasta%20el%2030%20de%20junio%20de%202023,hasta%20el%2029%20de%20junio)

Comisión de valoración do concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia

Saíu publicada, con data 25/01/2023, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se designa a comisión de valoración do concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.

ACCEDE A RESOLUCIÓN:

1.- 230125_nomeamentocomisión