Archivo diario: 18/01/2023

CONCURSO DE TRASLADO. RETRASO NA PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO CONCURSO DE TRASLADO 2022.

O Ministerio de Xustiza infórmanos dun novo retraso na publicación das listaxes definitivas do Concurso de Traslado 2022 de Xestión, Tramitación e Auxilio.

Prevén que é posible que non as poidan publicar antes de finais do mes de marzo.

Manterémosvos puntualmente informados.

 

CHAMAMENTO DE INTERINOS – GALICIA (18/01/23)

interinos

No día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza autorizou a través do OPAX, chamamentos de persoal interino para prestar servizos nos seguintes Órganos:

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

☑️ XDO. PRIM. INST. E INSTRUC. N. 3 PONTEAREAS – CAX –SUBSTITUCION

————————————————–

PROVINCIA DE OURENSE

☑️ XDO. DO SOCIAL N. 4 OURENSE – CXPA — I.T.

☑️ XDO. PRIM. INST. N. 6 OURENSE – CAX — SUBSTITUCIÓN

————————————————–

PROVINCIA DE A CORUÑA

☑️ DECANATO SERV. NOTIF. E EMBARGOS A CORUÑA – CAX — I.T.

Autorizados os seguintes chamamentos telefónicos:

☑️ XDO. INSTRUCIÓN N. 1 SANTIAGO – CTPA

☑️ XDO. DO PENAL Nº 2 SANTIAGO – CTPA

☑️ XDO. INSTRUCIÓN N. 2 SANTIAGO – CTPA

☑️ XDO. DO PENAL N. 4 A CORUÑA – CTPA

☑️ XDO. DE VIOLENCIA SOBRE A MULLER N. 1 A CORUÑA – CTPA

————————————————–

PROVINCIA DE LUGO

☑️ XDO PRIM. INST. N. 6 LUGO – CXPA – LIBERACIÓN SINDICAL

 

COMISIÓNS DE SERVIZOS – GALICIA 18/01/2023 PUBLICADA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas das últimas comisións de servizos ofertadas.

– Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

– En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de
servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

 Accede ás adxudicacións definitivas:

Resolución Comisión de Servicios

 

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS – 18/01/2023. MÉDICOS FORENSES IMELGA. LIBRE DESIGNACIÓN.

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza. MÉDICOS FORENSES IMELGA.

Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

– Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

– No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

– Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-aclaracions-e-solucion-de-incidencias-para-a-presentacion-das-solicitudes-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

▪️ Accede ás prazas ofertadas: ⤵️⤵️
230118-resolucion-imelga

 

OPOSICIONES. OPOSICIÓN LIBRE. REPOSICIÓN OEP 2020/21/22. ÚLTIMO DÍA PARA PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.

Hoy, 18/01/2022, finaliza el plazo para la presentación de instancias para inscribirse en el proceso selectivo para el acceso, por el sistema general de acceso libre, a los Cuerpos de Gestión, Tramitación y Auxilio, convocado por la Orden JUS/1254/2022, de 7 de Diciembre. Perteneciente a la OEP 2020/21/22. Accede a la convocatoria: https://spjusogalicia.com/oposiciones-oep-2020-21-22-gestion-tramitacion-y-auxilio-publicada-la-convocatoria-y-apertura-del-plazo-de-presentacion-de-solicitudes/)

Accede al asistente de inscripción:

https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias

Recordamos los plazos de presentación de instancias de los demás procesos selectivos abiertos:

GESTIÓN, TRAMITACIÓN y AUXILIO:
CONCURSO DE MÉRITOS estabilización: HASTA 25/1/2023.
CONCURSO-OPOSICIÓN estabilización: HASTA 30/1/2023.

Accede al pdf con el resumen de los procesos de Gestión, Tramitación y Auxilio.

LETRADOS;
CONCURSO DE MÉRITOS estabilización: HASTA 30/1/23.
CONCURSO-OPOSICIÓN estabilización: HASTA 30/1/23.

MÉDICOS FORENSES:
CONCURSO-OPOSICIÓN reposición OEP 2020/21/22: HASTA 25/1/23.
CONCURSO DE MÉRITOS estabilización: HASTA 30/1/23.
CONCURSO-OPOSICIÓN estabilización: HASTA 30/1/23.

Accede a las actualizaciones de la página web del Ministerio de Justicia de todos los procesos selectivos abiertos:

Plazos y Actualizaciones de los Procesos Abiertos