
A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos que en 2023, de novo, non se poderán acumular os días de asuntos particulares cos 7 días de vacacións de desfrute independente.
Pois ben, en 2019, baseándose na modificación da LOPX e na recuperación dos 3 días de asuntos particulares de 2017 e 3 de 2018, a DXX decidiu, coa oposición de SPJ-USO, que non se poderían acumular os ditos días.
En 2023, xa sen a excepcionalidade de ter 6 dias mais, entendemos que non procede recortar “gratuitamente” o dereito á acumulación antes mencionada.
Debemos de ter en conta, ademais, que noutras comunidades autónomas (por exemplo, entre outras, a veciña Asturias) a dita acumulación sempre se permitiu, incluído en 2019.
Lembramos que a actual redacción do artígo 503 da LOPX en ningún caso prohíbe a dita acumulación, tal e como se excusa esa DXX, e a Resolución de 8 de abril de 2009 da DXX pola que se regula o réxime e procedemento de concesión de vacacións, permisos e licenzas na Administración de Xustiza galega establece no seu artigo 3, referente ós asuntos particulares que “los interesados podrán distribuir los días según su conveniencia, sin que puedan acumularlos a los períodos de vacaciones anuales”, deixando totalmente aberta a posibilidade de acumulación cos días soltos de vacacións.
SPJ-USO leva anos solicitando a actualización da normativa de permisos de 2009, solicitude que a día de hoxe caeu en “saco roto”, mais o que non podemos consentir é que a DXX verbalmente recorte sen mais os dereitos acordados na dita normativa sen a previa negociación coas organización sindicais.
Repetimos que en outras Comunidades Autónomas transferidas sí se permite a dita acumulación, así coma no territorio Ministerio, conforme a Instrucción do Ministerio de Xustiza, Área de persoal, de 17 de xaneiro de 2019, que foi comunicada a tódalas comunidades transferidas.
No caso de que a DXX aplique un criterio diferente sobre as mesmas materias ó contemplado polo Ministerio, prodúcese unha clara situación de desigualdade dos funcionari@s da Xustiza galega, ó non poder desfrutar dos dereitos en igualdade de condiciones que os demais compañeir@s do territorio nacional.
Polo anteriormente exposto, é polo que SOLICITAMOS:
1.-Que pola DXX, á maior brevidade, se dicten as instruccións correspondentes ás Delegacións Territoriais no sentido de permitir a acumulación dos días de asuntos particulares cos 7 días soltos de vacacións de desfrute independiente.
2.-Igualmente solicitamos se publique a instrucción ou resolución correspondiente para coñecemento de tódol@s traballador@s.
3.- Asimesmo aproveitamos a ocasión para reiterar a nosa solicitude de que se proceda á negociación e actualización da orde de permisos, licenzas e vacacións para a Adminstración de Xustiza galega.
VER ESCRITO PRESENTADO Y JUSTIFICANTE


















