Archivo diario: 20/01/2023

Activación do servizo de «Remisión de expedientes a Xustiza» nos xulgados de primeira instancia de Vigo (excepto Reforzo)

Desde o 20 de xaneiro, os xulgados de primeira instancia do partido xudicial de Vigo (excepto Reforzo) teñen habilitada a funcionalidade «Remisión de expedientes a Xustiza» no Visor-EXE.

Esta funcionalidade permite ás administracións públicas a remisión telemática dos expedientes administrativos solicitados pola autoridade xudicial no contexto dos distintos procedementos xudiciais, o que facilita a súa xestión dixital e a súa incorporación no expediente xudicial electrónico.

Sigue leyendo