
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖
📢🔊 A Xunta e organizacións sindicais acordan o desenvolvemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza‼️
Publicado en http://www.xustiza.gal
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖
ℹ️➡️ A Xunta e as organizacións sindicais Sindicato Profesional de Justicia (SPJ-USO), Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ), Unión General de Trabajadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CCOO) acordaron hoxe no marco da mesa sectorial o desenvolvemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que vai beneficiar 2.700 traballadores públicos. Pola súa banda, Alternativas na Xustiza (AXG-CUT) decidiu non votar.
🔴 Deste xeito, antes de que finalice este ano abrirase unha nova convocatoria para que o persoal funcionario de carreira e interino ao servizo da Administración de Xustiza poida solicitar un novo grao da traxectoria profesional. Permíteselle así a estes traballadores avanzar na traxectoria profesional e mellorar as condicións económicas. Para a súa efectividade, o acordo debe ser aprobado polo Consello da Xunta e publicado no Diario Oficial de Galicia.
🔴 Mellórase, a falta da regulación estatal da carreira profesional por Real Decreto, o acordado en 2020 que establecía o sistema de carreira profesional do persoal da Administración de Xustiza galega. O avance supón o recoñecemento da progresión na traxectoria profesional, e mellora tanto as anualidades como as porcentaxes dos complementos retributivos.
▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
https://www.xustiza.gal/novas/-/nova/X74074/xunta-organizacions-sindicais-acordan-desenvolvemento-traxectoria-profesional



En relación con los procesos selectivos de los cuerpos de GESTIÓN Y TRAMITACIÓN PROCESAL Y ADMINISTRATIVA, ACCESO PROMOCIÓN INTERNA, Orden JUS/241/2022 y Orden JUS/242/2022, de 24 de marzo (BOE de 30 de marzo), se han publicado en la página del Ministerio de Justicia, los acuerdos del Tribunal cuyo enlace se adjunta, así como las plantillas definitivas de cada examen.


















