Archivo diario: 19/08/2022

ÚLTIMA HORA: PUBLICADAS AS NOVAS LISTAXES DA BOLSA DE INTERINOS DE XUSTIZA DE GALICIA

Na web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e na intranet de Xustiza acabanse de publicar as novas listaxes resultantes trala corrección feita.

Atendendo aos seguintes motivos:

«Na confección das listaxes resultantes correspondentes ás novas bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza publicadas o pasado 29 de xullo, a baremación do apartado correspondente á formación continua de determinadas solicitudes realizouse aproximando a dous decimais, cando o criterio xeral empregado foi o de aproximar a un decimal.

Por esta razón, cómpre publicar de novo as listaxes resultantes das persoas admitidas e excluídas aplicando para todos os casos o criterio xeral.»

Podes acceder as listaxes resultantes aquí:

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS

AUXILIO XUDICIAL:

TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA:

XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA:

LISTAXES DE PERSOAS EXCLUÍDAS

AUXILIO XUDICIAL:

TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA:

XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA:

Lembrade o prazo para elixir bolsa: 10 días hábiles (entre o 29 de agosto e o 9 de setembro).

Importante: Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, de acordo co previsto no artigo 12 da Orde do 4 de outubro de 2018, polo que, no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única en que desexe quedar. Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.

A elección deberase realizar telematicamente no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das listas resultantes, a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX. As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

Listaxes definitivas. Unha vez rematado o prazo para formular a elección, a Dirección Xeral de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán no sitio web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e na intranet de Xustiza.

CURSOS LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA.

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

1º-. Se Convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2022/23, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2022 e maio de 2023, en horario de mañá ou de tarde.

2º.-  Solicitudes e prazos de inscrición:
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo http://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Para ampliar información consulta a Resolución no DOG, pica aquí.

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Solicitudes e Prazos de Inscripción:

1. O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día 22 de agosto ata as 23.55 horas do día 31 de agosto de 2022.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Para máis información consulta a resolución do DOG, pica aquí.