Archivo diario: 10/08/2022

COMISIÓNS DE SERVIZOS – PUBLICADA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA

 

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, do 10/08/2022, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 20 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.

  • Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
  • A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.
  • En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas.

 

 

SUBSTITUCIÓNS: ADXUDICACIÓN DAS ÚLTIMAS PRAZAS OFERTADAS (4/8/2022)

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 10/08/2022, pola que se resolve a convocatoria provisional temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertada na data 04/08/2022.

 

Accede á Resolución da DXX:

 

CHAMAMENTOS DE INTERINOS 10/8/2022

 

Este mércores 10 de agosto de 2022 a Dirección Xeral de Xustiza autorizou as seguintes prazas:

 

PONTEVEDRA

  • CXPA no Xulgado de Primera Instancia e Instrución núm. 1 de O Porriño (vacante).