Archivo diario: 28/08/2022

INTERINOS: LUNS 29 DE AGOSTO – APERTURA DO PRAZO PARA A ELECCIÓN DE CORPO E PROVINCIA.

IMPORTANTE📢🔊 Lembrade que o luns 29 de agosto abrese o prazo para elixir bolsa e provincia.

O prazo será de 10 días hábiles entre o 29 de agosto e o 9 de setembro.

🔵 Importante: Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, de acordo co previsto no artigo 12 da Orde do 4 de outubro de 2018, polo que, no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única en que desexe quedar. Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.

🔵 A elección deberase realizar telemáticamente no prazo de dez días hábiles (entre o 29 de agosto e o 9 de setembro) a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX. As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

▶Listaxes definitivas. Unha vez rematado o prazo para formular a elección, a Dirección Xeral de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán no sitio web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e na intranet de Xustiza.

BOLETÍN SEMANAL DE NOTICIAS SEMANA DO 22 AO 28 DE AGOSTO

BOLETÍN SEMANAL

ACCEDE AO NOSO BOLETIN SEMANAL DE NOTICIAS NO SEGUINTE ENLACE:

 


Boletín semanal de noticias 22 ó 28 de agosto.