📢🔊 PUBLICADA A RESOLUCIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZOS NAS FISCALÍAS, DAS PRAZAS DE NOVA CREACIÓN CONFORME Ó ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO.🔊📢
Resolución do 20 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofertan en comisión de servizos postos vacantes de nova creación entre persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa e mais tramitación procesual e administrativa en distintas fiscalías da Comunidade Autónoma de Galicia
Saíu publicada a resolución da convocatoria de provisión de forma temporal, mediante comisión de servizos, de postos de traballo nas fiscalías seguintes:
Corpo de xestión procesual e administrativa:
-
Fiscalía Provincial da Coruña
-
Fiscalía de Área de Vigo
Corpo de tramitación procesual e administrativa:
-
Fiscalía Provincial da Coruña
-
Fiscalía de Área de Vigo – 2 vacantes
-
Fiscalía de Área de Santiago de Compostela – 2 vacantes
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria na Intranet de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.gal).
Podes consultar toda a información aquí.



















