
A falta ainda a día de hoxe da publicación oficial, na paxina web do Ministerio, segue mantèndose a data do 18 de xullo para a realización do terceiro exame , test de word .
Parecen tamén confirmarse que as portas das distintas sedes de realización abriranse ás 10 horas e que o exame comenzará ás 11 horas do día 18 de xullo.
Con antelación ao día do exame na páxina web do Ministerio publicarase a distribución das aulas por nome e apelidos de cada sede, para que o opositor sepa coa antelación suficiente á aula e sede a que deberá acudir para deste modo evitar aglomeracións por mor do COVID 19, sendo obligatorio o uso en todo momento da mascarilla.
Non haberá chamamento de opositores, senón que entrarán directamente á aula que lles corresponda e iranse sentando no sitio que lles indiquen .
Cando finalice o exame de Word será cando, de forma ordenada, iranse entregando os exames e farase o control de identidade do opositor/a e do exame entregado.
Todo esto en cumprimento de estrictas medidas de seguridade.


















