Tralos problemas detectados na presentación da solicitude de Acción Social, dende SPJ-USO puxémonos en contacto coa DXX, que acaba de remitirnos comunicación do seguinte contido:
«Tras detectar problemas para a presentación da solicitude de acción social dalgúns funcionarios, infórmase de que se trata dun problema técnico alleo á OPAX que afecta aos certificados de tipo “AC CAMERFIRMA FOR NATURAL PERSONS-2016”.
Os funcionarios afectados por este problema, ademais de facer unha incidencia ao CAU Xustiza, unha vez validada a solicitude, deberán imprimila, asinala manualmente e rexistrala, xunto coa documentación complementaria (se esta non se atopa xa na OPAX), en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.»
Lembramos que a ACCIÓN SOCIAL 2020, programa de discapacidade, publicouse no dog de 9 de Xullo, rematando o prazo de solicitudes o vindeiro día 30.
PUBLICADAS, ó fin, NA WEB DO MINISTERIO DE XUSTIZA AS SEDES DE EXAME DO TERCEIRO EXERCICIO DE TRAMITACIÓN P.A., TURNO LIBRE PARA O EXAME DO VINDEIRO SÁBADO 18 DE XULLO.

















