A XUNTA CONSIGNA NOS ORZAMENTOS DO 2020 UNHA PARTIDA ECONÓMICA PARA DAR INICIO A NOSA CARREIRA PROFESIONAL.

SPJ-USO segue cumprindo todos e cada un dos compromisos que foi adquirindo cos traballadores galegos da xustiza, tralo Acordo de maio de 2018 asinado por SPJ-USO, UXT e CCOO.
No dito acordo logramos introducir o seguinte: “Artigo 10. Carreira profesional. A Xunta de Galicia comprométese, a través dunha mesa específica de negociación, a estudar a implantación, dentro do marco lexislativo, dun sistema de carreira profesional para os funcionarios da Administración de xustiza en Galicia.”
Proba de todo iso é que a Xunta de Galicia, consignará unha partida orzamentaria para o ano 2020 para implantar a Carreira Profesional de Médicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilios da administración de xustiza en Galicia.
Consignada para os orzamentos do ano 2020, seremos a segunda comunidade autónoma, na que os traballadores de xustiza perciban este complemento, e compatible co CAT.
En definitiva co colofón da próxima implantación da nosa carreira profesional, conseguiremos sen dúbida un logro moi importante para tod@s e cada un funcionari@s da xustiza Galega.
SPJ-USO impulsou e segue impulsando o cumprimento íntegro do Acordo. Xa se viron os seus froitos, pero seguiranse vendo no 2020 e posteriores, asumindo a responsabilidade de ser o sindicato amplamente maioritario en Galicia.
Adxuntamos comunicado completo: CARREIRA PROFESIONAL





















