Archivo diario: 18/11/2019

ACCION SOCIAL 2019 -PROGRAMA DE DISCAPACIDADE- LISTAXES DEFINITIVAS

accion socialA DXX  ven de informarnos que o vindeiro xoves 21/11/2019 está previsto que se publique no DOG a resolución do 11 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

ÚLTIMA HORA SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS DE XUSTIZA!!! – QUENDA LIBRE  – OEP 2017/18

 

41d57-oposiciones2bjusticia2blogo

 

CONVOCATORIA DE AUXILIO XUDICIAL.

Finalmente o Ministerio de Xustiza informa, nun novo xiro nas súas propias previsións, que a CONVOCATORIA DE AUXILIO XUDICIAL SE PUBLICARÁ NO BOE A PRINCIPIOS DA SEGUNDA QUINCENA DE DECEMBRO.

Tal como estaba xa previsto, o primeiro exame non será en ningún caso antes de FEBREIRO de 2020.

TRAMITACIÓN P.A. – 3º EXAME – WORD

Lamentáblemente, o Ministerio dentro do seu desorde e improvisación á que nos ten acostumados, informa de que os parámetros e instruccións concretas sobre as que versará o exame de Word,  publicaránse tralo 15 de decembro (data na que se celebrarán os primeiros exames de Tramitación) e antes de que remate o ano.

✔ Respecto da publicación na web do Ministerio de Xustiza das listas completas de admitidos (trala publicación no BOE o sábado 16 da resolución correspondiente), acaban de publicarse na web no dia de hoxe luns 18 de novembro.

Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia

 

LETRADOS

 

Orden JUS/1123/2019, de 8 de noviembre, por la que se convoca concurso de traslado para la provisión de puestos de trabajo para el Cuerpo de Letrados de la Administración de Justicia.

Escola Galega de Administración Pública

 

EGAP

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2019 pola que se convoca o curso monográfico Os sistemas de integridade institucional nas administracións públicas.

 

 

 

Descripción do curso:

Curso monográfico  dirixido ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos.

O principal obxectivo deste curso monográfico é dar a coñecer os aspectos xerais dos sistemas de integridade no sector público (conceptos de integridade e corrupción, políticas de integridade, modelos de prevención da corrupción e sistemas de xestión de cumprimento) xunto con aspectos máis técnicos vinculados á xestión de riscos nas administracións públicas.

Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas: luns e martes, 2 e 3 de decembro de 2019.

Horario: día 2, das 11.00 ás 13.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas; día 3, das 9.00 ás 13.00 horas.

Duración: 9 horas lectivas.

Número de prazas: limitado pola capacidade do local.

Inscripción.

1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

2. O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 27 de novembro de 2019.

 

Mutualidad General Judicial. Asistencia sanitaria

 

mugejuResolución de 24 de octubre de 2019, de la Mutualidad General Judicial, por la que se publica la prórroga para 2020 del concierto para la asistencia sanitaria de beneficiarios y la relación de entidades de seguros que han suscrito la misma.

Ver B.O.E