SPJ-USO INFORMA:
RECLAMACIÓN DO IRPF DE MATERNIDADE/PATERNIDADE PARA OS FUNCIONARIOS DO MUTUALISMO ADMINISTRATIVO (MUGEJU).
No BOE de 29 de Decembro publicouse o Real Decreto 27/2018, de 28 de Decembro polo que se adoptan determinadas medidas en materia trubutaria.
No que respecta ós funcionarios acollidos ó mutualismo administrativo (no noso caso de (MUGEJU) establécese por fin a exención do IRPF para as prestacións de maternidade/paternidade e outras que se extende ós exercicios non prescritos (a partir do 2014 ata a actualidade, ou sexa os que foron pais e nais nos anos 2014,15,16 e 17, pois os do 18 xa o incluirán na declaración da renda a realizar este ano 2019)
Pois ben, a Axencia Tributaria confirma que non haberá formularios específico para os funcionarios do mutualismos administrativo.
Polo tanto, a solicitude de devolución pódese facer dende xa de forma telemático ou mediante a presentación do formulario PDF nas oficinas de rexistro.
Formulario PDF: SOLICITUD DEVOLUCIÓN IRPF MATERNIDAD/PATERNIDAD
Solicitude telemática: SOLICITUD DEVOLUCIÓN IRPF MATERNIDAD/PATERNIDAD TELEMÁTICA
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...