VER CIRCULAR CONCURSO DE TRASLADOS 2018: BOE DO 23 DE XULLO
O MINISTERIO INFORMA QUE O CONCURSO 2018 PUBLICARASE NO BOE DO LUNS 23 DE XULLO.
Concederase ós participantes un prazo de presentación de instancias de 16 días hábiles, contando dende o 24 de xullo, martes, ata o 14 de agosto, martes, ambos inclusive.
AMPLIACIÓN E EQUIPARACIÓN COS SUPOSTOS NAS INCAPACIDADES TEMPORAIS CON XUÍCES, FISCAIS, LETRADOS.
COMPROMISO DE ELIMINACIÓN TOTAL DOS DESCONTOS PARA TODOS OS SUPOSTOS DA MINISTRA DE POLÍTICA TERRITORIAL E FUNCIÓN PÚBLICA
No BOE de 04/07/2018, publicouse a Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, e, polo tanto, de conformidade co Acordo de 23/05/2018, quedan ampliados os supostos de incapacidade laboral transitoria en que se percibe o cen por cento das retribucións.
O Acordo de 23/05/2018, acadado entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (publicado no DOG do 30/05/2018) establece, respeto dos supostos de incapacidade laboral transitoria en que se percibe o cen por cento das retribucións, o seguinte:
«Amplíanse os supostos previstos no Decreto autonómico 169/2013, incorporando os seguintes:
- Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica.
- Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida.
- Enfermidades de declaración obrigatoria do Real decreto 2210/1995.
- Cardiopatías isquémicas.
Sigue leyendo →