SPJ-USO GALICIA INFORMA

VER CIRCULAR CONCURSO DE TRASLADOS 2018: BOE DO 23 DE XULLO

O MINISTERIO INFORMA QUE O CONCURSO 2018 PUBLICARASE NO BOE DO LUNS 23 DE XULLO.

Concederase ós participantes un prazo de presentación de instancias de 16 días hábiles, contando dende o 24 de xullo, martes, ata o 14 de agosto, martes, ambos inclusive.

 

AMPLIACIÓN E EQUIPARACIÓN COS SUPOSTOS NAS INCAPACIDADES TEMPORAIS CON XUÍCES, FISCAIS, LETRADOS.

COMPROMISO  DE ELIMINACIÓN TOTAL  DOS DESCONTOS  PARA TODOS OS SUPOSTOS  DA MINISTRA DE POLÍTICA TERRITORIAL E FUNCIÓN PÚBLICA

No BOE de 04/07/2018, publicouse a Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, e, polo tanto, de conformidade co Acordo de 23/05/2018, quedan ampliados os supostos de incapacidade laboral transitoria en que se percibe o cen por cento das retribucións.

O Acordo de 23/05/2018, acadado entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (publicado no DOG do 30/05/2018) establece, respeto dos supostos de incapacidade laboral transitoria en que se percibe o cen por cento das retribucións, o seguinte:

«Amplíanse os supostos previstos no Decreto autonómico 169/2013, incorporando os seguintes:

  • Interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre por indución farmacolóxica.
  • Incapacidade temporal durante o tratamento de reprodución asistida.
  • Enfermidades de declaración obrigatoria do Real decreto 2210/1995.
  • Cardiopatías isquémicas.

Deste xeito, queda equiparada a situación do persoal dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia co resto de corpos funcionariais ou autoridades do ámbito xudicial.

A data de efectividade desta ampliación será a da publicación da norma estatal habilitante, de acordo co previsto na cláusula 5ª Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo, do 9 de marzo de 2018…”

Ademais, a Ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxel Batet, anunciou o inmediato e pleno restablecemento dos empregados públicos de cobrar o cen por cen das retribucións dende o primer día por incapacidade temporal para todos os supostos de ITs, eliminando os descontos na retribución dos primeiros 20 días que se introduciron no ano 2012. A Ministra prevé un primer encontró para o próximo día 16 de xullo coas organización sindicais para facerlles entrega dun documento consensuado neste sentido.

PUBLICADOS OS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO, Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 ¿cómo e cando será a “suba salarial”?

Nos orzamentos contémplase a subida do 1,75 % mensual que se verá reflectido na nómina do mes de xullo. Os efectos retroactivos serán de xaneiro a xuño, e corresponderanse soamente co 1,50 % mensual en base ao artigo 18. dous: “No ano 2018, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 1,5 por cento respecto das vixentes ao 31 de decembro de 2017, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á antigüidade do mesmo. Ademais do anterior, se o incremento do Produto Interior Bruto (PIB) a prezos constantes en 2017 alcanzase ou superase o 3,1 por cento engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2018, outro 0,25 por cento de incremento salarial”.

O incremento salarial será en 2018 do 1,75%.

Do 1,50% desde o 1 de Xaneiro ao 30 de Xuño de 2018 (que se cobrará con efectos retroactivos).

A partir do 1 de Xullo de 2018, o incremento que se consolida é do 1,75% en todos os conceptos.

circular 9-71

Los comentarios están cerrados.