Publicada a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

9319f-sustitucionesSaíu publicada, con data do 10 de xullo de 2018, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Resolucion_Publicacion_Adxudicacions201810072018

Los comentarios están cerrados.