No 2010 crearanse en Galicia un Xulgado de Vixilancia Penitenciaria con sé en Lugo; dúas prazas de maxistrado do Contencioso-Administrativo no TSXG; un Xulgado de Instrucción na Coruña; un Xulgado Mixto en Betanzos; un Social en Santiago; outro Social en Ourense; e un Penal en Pontevedra. Para a última das unidades, a Comisión Mixta propón ou ben un Xulgado de Primeira Instancia en Vigo ou ben un maxistrado para a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, tamén con sé en Vigo e con competencia civil.
A Comisión Mixta entre a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) elaborou hoxe a proposta de ubicación dos nove xulgados que se crearán na Comunidade Autónoma o vindeiro ano 2010, aos que se suman tamén outros dous xuíces da nova figura de adscrición territorial, tamén chamados xuíces volantes.
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, coincidiron ao termo da reunión en que as once unidades xudiciais concedidas polo Goberno central a Galicia para o vindeiro ano é un “número insuficiente” para as necesidades galegas, aínda que tamén consideraron que se trata de una asignación equilibrada respecto ao total, xa que se concederon 200 novas prazas para todo o Estado (150 unidades xudiciais e 50 xuíces de adscrición territorial).



















