Archivo diario: 13/05/2009

Rueda xustifica non crear a Consellería de Xustiza pola crise.

elCorreoGallegoFonte: El Correo Gallego.es

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, xustificou a inclusión de Xustiza no departamento que dirixe debido a que a actual situación de crise económica obrigou a un exercicio de «austeridade» por parte da Xunta, aínda que o PPdeG demandou durante os catro anos de oposición un departamento específico para esta área e se comprometera a crealo se volvían gobernar.

«Entendo a súa pregunta e vostede terá que entender a resposta», indicou Roda á deputada socialista Beatriz Sestayo, á que explicou que «se se piden esforzos de austeridade á cidadanía», o Goberno debe secundar cun compromiso de redución de gastos e «eficacia». «Reducimos nun 25 por cento as consellerías», apuntou.

Así, argumentou» que «son e segue sendo indispensable darlle entidade e presuposto» ao ámbito da Xustiza, algo que se comprometeu a executar outorgando nas contas partidas abondo e dotando dos medios «humanos» precisos para potenciar o sistema xudicial en Galicia.

«Seguro que información tiñan de que había crise e aínda así prometeron crear a consellería», espetou Sestayo a Alfonso Rueda, quen lle replicou que o que descoñecían era a situación das arcas autonómicas que lles deixou o bipartito e que se encontraron á súa chegada á Xunta.

Colapso e promesas

Desta forma, Rueda reprochoulle a «desviación de fondos para a Xustiza gratuíta do 62 por cento e o paso de tres directores xerais de Xustiza» durante a lexislatura pasada.

Herdamos un colapso na Xustiza gratuíta e agora nós ímolo resolver», agregou e sentenciou: «e non me fale de promesas, que en Vigo aínda están a esperar a Consellería de Pesca,» en referencia ao compromiso do PSdeG en 2005 de trasladar ese departamento á cidade olívica.

Por outro lado, Rueda ratificou o compromiso de «austeridade, eficacia e eficiencia» ante a pregunta do ‘popular’ Antonio Rodríguez Miranda, quen o cuestionou sobre como valora a redución do número de altos cargos por parte da nova Xunta en relación ao bipartito.

O conselleiro de Presidencia tamén confirmou que se reducirá o persoal eventual da Administración autonómica e asegurou que se reformará a situación deste colectivo, para o que demandou ás forzas políticas que se «corresponsabilicen» do reto da «austeridade».

Oposiciones, plantilla oficial de las respuestas primer examen de tramitacion promocion interna

En la página del Ministerio se publica el Acuerdo del Tribunal Calificador Único, por el que se acuerda la publicación de la plantilla de respuestas correspondientes al test del 1er ejercicio, realizado el día 9 de mayo de 2009.