1º DE MAIO – O VALOR DO TEU TRABALLO!!!

1 de maio

SPJ-USO Galicia: 1º DE MAIO – O VALOR DO TEU TRABALLO!!!

Este ano non podemos deixar de celebrar o 1 de maio aínda que estemos nunha fonda crise polo Covid-19.

Celebramos o 1 de maio cun recordo para tódalas persoas falecidas, moitas delas en circunstancias “inhumanas” e cumprindo coas súas obrigas ó servizo dos demais. D.E.P.

De ahí o noso lema de “EL VALOR DE TU TRABAJO”; o traballo de todos vós, que nalgúns casos cobrou dimensión pasando a un primeiro plano, cando antes parecía “oculto ou insignificante”.

O 1 de maio é un día para recoñecemento a tod@s el@s, e por suposto, ós traballador@s da Xustiza, demandando mellores condicións laborais e recoñecemento para tod@s, tamén para os moitos “héroes desta crise” que son “víctimas da precariedade”.

O futuro debe poñer o valor do traballo como motor da recuperación!!!

Hoxe toca demandar un traballo digno para todos, con dereitos, que permita desenvolver o proxecto vital a cada persoa, e para elo precisamos unha mellor lexislación laboral acompañada de medidas económicas.

Pedimos ós gobernos e as oposición que se reseteen, que os “shows” e “debates de postín” xa os coñecemos e non proceden agora; Para saír desta precisamos que o “valor do traballo” estea por encima de outros intereses.

E por suposto, nós, dende o terreo sindical, arrimaremos o ombreiro, eso si, dende a independencia, a pluraridade e a autonomía sindical. Con FEITOS, non palabras!!!.

Los comentarios están cerrados.