ÚLTIMA HORA SOBRE OPOSICIÓNS!!!

 🔊 ÚLTIMA HORA SOBRE OPOSICIÓNS‼️

Información do Ministerio de Xustiza de 7/5/21‼️

XESTIÓN QUENDA LIBRE OEP 2017/2018‼️

👉 As datas probables de publicación das listaxes definitivas  son finais do mes de maio.

👉 A toma de posesión podería producirse desde finais do mes de xuño ou en xullo.

TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE OEP 2017/2018‼️

👉 As datas serán máis ou menos as mesmas que as de Xestión libre; esto é:  publicación das listaxes definitivas a finais de maio, aínda que podería atrasarse a oferta de destinos, pois aínda faltan de realizarse os exames de linguas autonómicas.

👉 Datas probables de toma de posesión: mes de xullo.

AUXILIO XUDICIAL OEP 2017/2018‼️

👉 O exame de incidencias será a finais de maio ou primeiros de xuño.

 👉 As listaxes provisionais de aprobados publicaranse a finais de xuño.

👉 A fase de concurso iniciarase en xullo.

XESTIÓN e TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA OEP 2019‼️

 👉 A convocatoria prevese no mes de xullo e os exames  a finais de novembro ou primeiros de decembro 2021.

📢ℹ️ IMPORTANTE:  👉 As anteriores datas non son definitivas, e as previsións do Ministerio de Xustiza adoitan retrasarse, polo que dende SPJ-USO recomendamos «prudencia» coas datas facilitadas.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.