OPOSICIÓNS XUSTIZA: NOTAS INFORMATIVAS SOBRE OS PROCESOS 2022-2023 E 2024

O Ministerio de Xustiza publicou notas informativas dos Tribunais Cualificadores relativas á situación das persoas aspirantes que participan simultaneamente nos procesos selectivos anteriores e nos convocados en 2024.

 

As notas afectan aos seguintes corpos:

🔹 XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA

* Proceso convocado pola Orde PJC/1435/2024.
* Proceso convocado pola Orde PJC/104/2024.

🔹 AUXILIO XUDICIAL

* Proceso de acceso libre convocado pola Orde PJC/1357/2024.
* Proceso de estabilización por méritos convocado pola Orde JUS/1288/2022.

📌 QUE ESTÁ A SUCEDER?

Os Tribunais recibiron recursos de alzada e escritos de persoas opositoras que foron nomeadas funcionarias de carreira nun dos procesos anteriores pero que aínda non tomaron posesión, e que aparecen ou poden aparecer como aprobadas noutro proceso selectivo.

Segundo indican as notas, os Tribunais Cualificadores Únicos consideran que carecen de competencia para resolver o solicitado, remitíndose ao artigo 12 do Real Decreto 1451/2005.

⚠️ IMPORTANTE: TOMA DE POSESIÓN A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO DE 2026

Ás persoas que figuren nos procesos anteriores como nomeadas funcionarias de carreira e que procedan a tomar posesión a partir do 1 de setembro de 2026, solicítaselles que, unha vez formalizada a toma de posesión, remitan copia ao buzón de correo do Tribunal Cualificador Único.

A finalidade é que o Tribunal poida comunicar ao órgano competente a posible incompatibilidade coa súa permanencia na relación de aprobados do proceso posterior.

⚠️ A propia nota lembra que esta comunicación só debe realizarse cando a persoa figure na lista de aprobados do proceso posterior, indicando:

* ámbito territorial no que adquiriu a condición de funcionario/a de carreira;
* nome e apelidos;
* proceso selectivo polo que tomou posesión.

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!

FEITOS, non palabras

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.