IMPORTANTE – FIN DO PRAZO DE ALEGACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAL INTERINO‼️

ℹ️➡️ Nova bolsa de interinos de Galicia: fin do prazo para alegacións.

⚠️⚠️ Lembrade que hoxe 🗓️ 11 de agosto é o último día do prazo para facer alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza, que foron publicadas no sitio web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (http://cpapx.xunta.gal) e mais na intranet de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal/)

Na listaxe provisional de persoas admitidas están ordenadas alfabeticamente, e nela consta a puntuación detallada por cada un dos puntos dos méritos.

🔊 No caso das persoas non admitidas, indícase, ademais, a causa de exclusión.

📣 Hoxe remata o prazo para presentar as alegacións que se consideren pertinentes, pero sen poder invocar nin acreditar outros méritos distintos aos alegados na solicitude.

👉 As devanditas alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es.

🔴 As persoas non admitidas e que non emenden o defecto que motivou a súa exclusión teranse por desistidas na súa solicitude.

⚫ Listas resultantes.
👉 Finalizado o prazo de presentación de alegacións, publicarase na forma e nos lugares establecidos no punto anterior a resolución coas listas resultantes por cada corpo e provincia ordenadas por puntuación, que aparecerá detallada por cada un dos puntos dos méritos.
✔️ Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, de acordo co previsto no artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na que desexe quedar.
✔️ Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes.
✔️ A elección deberá realizarse telematicamente no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das listas resultantes, a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberá presentarse de xeito electrónico a través da OPAX.

☑️ As persoas que unicamente solicitaran formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

⚫ Listas definitivas.
Rematado o prazo para formular a elección prevista no punto anterior, a Dirección Xeral competente en materia de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán no sitio web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais na intranet de Xustiza.

⚫ Entrada en vigor das listas.
As listas definitivamente aprobadas entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

👉 Con todo, e de acordo co artigo 10 da Orde do 6 de marzo de 2026, o persoal que á entrada en vigor estea prestando servizos como persoal funcionario interino seguirá desempeñando o posto de traballo ata que proceda o seu cesamento.

▪️ Amplía información: ⤵️
🔗 https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/xustiza/persoal/interinos

SPJ-USO: Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA ⚖️ Galega!!!
FEITOS, non palabras!!!

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.