Hoxe, 10 de agosto de 2026, publícanse no DOG as resolucións da Dirección Xeral de Xustiza polas que se adxudican destinos ao persoal que superou os procesos selectivos de promoción interna dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa e Tramitación Procesual e Administrativa, convocados polas Ordes PJC/104/2024 e PJC/150/2024, respectivamente.
📅 PRAZO PARA A TOMA DE POSESIÓN
En ambos os corpos, as persoas ás que se lles adxudicou destino dispoñen dun prazo de 20 días hábiles, contados a partir do 1 de setembro de 2026, para tomar posesión no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
⚠️ Importante para o persoal interino: as persoas funcionarias interinas que estean ocupando actualmente algunha das prazas adxudicadas cesarán o mesmo día no que tome posesión a persoa titular.
🔗 RESOLUCIÓNS NO DOG
👉 Adxudicación de destinos – Xestión Procesual e Administrativa
👉 Adxudicación de destinos – Tramitación Procesual e Administrativa
SPJ-USO, o teu Sindicato de Xustiza.
Sindicato MAIORITARIO na XUSTIZA Galega
FEITOS, non palabras.
Publicado en DOG, OPOSICIÓNS