
SPJ USO DENUNCIA NA VOZ DE GALICIA A ELIMINACION DO REFOZO NO XULGADO DE VIOLENCIA EN CARBALLO‼️
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃
ℹ️➡️ O sindicato SPJ-USO, maioritario na Administración de Xustiza, denuncia a través do seu delegado, Roberto Andrade, a decisión de non prorrogar o contrato da funcionaria de reforzo que levaba uns meses prestando os seus servizos no Xulgado de Violencia contra a Muller en Carballo.
🔴 Lamenta o delegado a decisión «unilateral, sen fundamento e discrecional» tomada polo Director Xeral de Xustiza, José Tronchoni, a pesar de que «todos os operadores implicados (xuíces, letrados e o sindicato maioritario) solicitaron a prórroga da funcionaria».
🔴 SPJ USO comunicou a DXX a través de escrito, vai mais dunha semana, que esta decisión iba a incrementar a grave situación do xulgado. Este reforzo cumple, con creces, os criterios establecidos no art. 4.2 e art. 19 da ORDE do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais
🔴Este era un dos temas que se ía a tratar na reunión cancelada UNILATERALMENTE E SEN MOTIVO polo Director xeral fixada para o dia 23/07/2024. Manter unha boa comunicación entre a Administración e sindicatos é fundamental para un bo funcionamento dado que a persistencia de problemas recorrentes nos órganos xudiciais entorpecen a xestión, drenan enerxías e recursos, e crean un mal clima laboral.
▪️ Noticia completa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2024/08/29/critican-eliminacion-refuerzo-juzgado-violencia-contra-mujer-


















