PUBLICADO NO DOG E BOE A RESOLUCIÓN DO CONCURSO ESPECÍFICO NA FISCALÍA PROVINCIAL DA CORUÑA

No día de hoxe publícase no BOE e no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña

1- Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

2- Resolver o concurso específico adxudicando o posto convocado á persoa funcionaria que se relaciona no anexo.

3- Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

4- O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no BOE e mais no DOG. 

Accede aquí a Resolución:

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.