PUBLICADA NO DOG, A OFERTA DUN POSTO DE SECRETARIO/A FISCAL XEFE PROVINCIAL DE PONTEVEDRA POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN (CORPO DE TRAMITACIÓN P.A.)

No DOG do día de hoxe publícase, ORDE do 22 de xaneiro de 2026 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, , do posto de secretario/a fiscal xefe provincial.

                                                    Accede aquí a Orde do DOG

  • As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Prazo para presentar as solicitudes 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
  • No Anexo I, da Orde, recóllese o seguinte:

    Denominación do posto: Secretario/a fiscal xefe provincial Pontevedra.

    Código: PR.C99.10.006.36001.003.

    Corpo ou escala: tramitador procesal e administrativo/xeral.

    Grupo/subgrupo: C1, C2.

    Nivel: 20.

    Tipo de adscrición: A13: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de xustiza.

    Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

    Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (Pontevedra).

    Localidade: Pontevedra

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.